Literatura, arte e patrimonio cultural

 Estes foron os principais vimbios da visita que o alumnado de 2º da ESO realizou a Lugo o 6 de febreiro.

A descuberta dos fondos do Museo Provincial de Lugo a través das súas “Rutas literarias” centrou unha xornada que se completou coa visita ao Centro de Interpretación da Muralla.

Os equipos formados por Diego Cela González, Carla María Pontón Díaz e Cristina Somoza Vázquez, e mais por Carla López Celeiro, Estefanía López Valladares, Alba Moral Bustelo e Antía Moure Arias foron os gañadores da actividade didáctica “Rutas literarias”, baseada na lectura do libro Contos de medo no museo.

Parabéns para eles e elas, e tamén e para o conxunto do alumnado que participou nesta viaxe pola cultura de noso promovida polo Departamento de Lingua Galega e Literatura.