Entre Paz e Ilustración

Porque o 30 de xaneiro coinciden a xornada escolar da non Violencia e da Paz co da Ilustración (aniversario do nacemento de Castelao). Deste xeito artelláronse diversas accións, implicando a departamentos varios para facer cousas dun xeito interdisciplinar. Así, habilitáronse dous murais – un no edificio 1, o outro no 2 – onde se irán escribindo respostas ao que cada un de nós facemos pola paz. Igualmente, diversas decoracións “ad hoc”, así como música moi coñecida de Bob Dylan e Renaud Séchan, en inglés e francés respectivamente, na emisión semanal de Radio Xograr.  E unha pequena selección de imaxes e frases claves de Castelao para lembrar ao coñecido home de cultura rianxeiro.

 

 

Fondos STEM

Fondos STEM

Xa o anunciamos no post que facía referencia aos préstamos das vacacións de Nadal. Dispoñíamos dunha partida dos fondos STEM que permitiunos aumentar material en diversas disciplinas. Agora xa están todos debidamente catalogados para o seu correspondente préstamo. Tedes á vosa disposición libros de Matemáticas, Ciencias Naturais, Física e Química, Debuxo e Tecnoloxía.