Febreiro moi cargado….

..de actividades moi diversas, coa importante colaboración entre a biblioteca e diversos departamentos.

Así, avanzamos un pouco máis no tema dos aforismos, cun novo, grazas á aportación de alumnado e profesorado de Clásicas.

Tivemos durante uns días unha interesante exposición sobre Ricardo Carvalho Calero, a que se lle dedica este ano ás Letras Galegas

Proseguiuse coa aportación de mensaxes de afecto, cariño, amor, co gallo do Día da Amor de Amizade, que terá en breve a recompensa aos seus gañadores.

Non faltou a celebración do Día Mundial da Radio, cun especial de Radio Xograr que pulsou o son especial do noso centro escolar en sitios tan variados como a biblioteca, a cafetería, a sala de profesores, a porta de acceso ou o patio exterior.

E, por suposto, o Antroido, coa participación de alumnado e profesorado, desta volta coa temática da ecoloxía e reciclaxe.

E despois de voltar deses días de troula e descanso, homenaxe a Rosalía de Castro, con lecturas dos seus textos, tanto nas horas de clase como no lecer, tanto por parte do alumnado de ESO e Bacharelato, como do profesorado.

Aquí tedes algunhas fotos significativas, pero podedes atopar máis no link que vos leva á nosa páxina de facebook ( https://www.facebook.com/iesxograr/?epa=SEARCH_BOX)

 

Literatura, arte e patrimonio cultural

 Estes foron os principais vimbios da visita que o alumnado de 2º da ESO realizou a Lugo o 6 de febreiro.

A descuberta dos fondos do Museo Provincial de Lugo a través das súas “Rutas literarias” centrou unha xornada que se completou coa visita ao Centro de Interpretación da Muralla.

Os equipos formados por Diego Cela González, Carla María Pontón Díaz e Cristina Somoza Vázquez, e mais por Carla López Celeiro, Estefanía López Valladares, Alba Moral Bustelo e Antía Moure Arias foron os gañadores da actividade didáctica “Rutas literarias”, baseada na lectura do libro Contos de medo no museo.

Parabéns para eles e elas, e tamén e para o conxunto do alumnado que participou nesta viaxe pola cultura de noso promovida polo Departamento de Lingua Galega e Literatura.

Proposta de actvidade co gallo do 14 de febreiro

14 de febreiro – Día de San Valentín –

Día do amor e da amizade

  • Obxectivo. Crear unha mensaxe de amor, afecto, cariño, dirixida a unha persoa da familia, amigo, amiga, ou animal de compañía, libro,canción, deporte, paisaxe, ídolo, etc. Non é necesario identificar o destinatario. Pode ser un texto, un poema, un caligrama, unha foto con texto. Libertade total para crear.
  • Lingua. Pódese facer en calquera das linguas que se estudian no centro ( Galego, Castelá, Inglés, Francés, ou tamén en Latín ou Grego)
  • Como facer? Escribir a mensaxe nun papel, cartolina, outro soporte e depositalo nunhas furnas que haberá nos vestíbulos dos dous edificios. No edificio antigo para 4º ESO, Bacharelato, Ciclo, Profesorado e Persoal de Servizos. No edificio novo para 1º,2º,3º ESO, Profesorado e Persoal de Servizos
  • É necesario identificar o autor ou autora?. Queda á elección do propio participante. No caso de identificarse farao no dorso da mensaxe, indicando nome, apelidos ou alcume.
  • Exposición. Con todas aquelas mensaxes que garden o debido decoro farase unha exposición.
  • Reccompensa. Haberá agasallos, en forma de libros de temáticas moi variadas, para todos aqueles traballos que veñan identificados ao dorso.
  • Prazo: Venres 14 de febreiro

ANÍMATE E PARTICIPA

 

Entre Paz e Ilustración

Porque o 30 de xaneiro coinciden a xornada escolar da non Violencia e da Paz co da Ilustración (aniversario do nacemento de Castelao). Deste xeito artelláronse diversas accións, implicando a departamentos varios para facer cousas dun xeito interdisciplinar. Así, habilitáronse dous murais – un no edificio 1, o outro no 2 – onde se irán escribindo respostas ao que cada un de nós facemos pola paz. Igualmente, diversas decoracións “ad hoc”, así como música moi coñecida de Bob Dylan e Renaud Séchan, en inglés e francés respectivamente, na emisión semanal de Radio Xograr.  E unha pequena selección de imaxes e frases claves de Castelao para lembrar ao coñecido home de cultura rianxeiro.

 

 

Fondos STEM

Fondos STEM

Xa o anunciamos no post que facía referencia aos préstamos das vacacións de Nadal. Dispoñíamos dunha partida dos fondos STEM que permitiunos aumentar material en diversas disciplinas. Agora xa están todos debidamente catalogados para o seu correspondente préstamo. Tedes á vosa disposición libros de Matemáticas, Ciencias Naturais, Física e Química, Debuxo e Tecnoloxía.