3 de decembro: Día Internacional das persoas con discapacidade….

que no noso centro prolongouse durante unha semana cun feixe de actividades. Así,  o deportista paralímpico Álvaro Illobre impartiu unha charla onde contou a súa traxectoria e vivencias. Illobre, natural da localidade coruñesa de Ares, participou en dúas paralimpiadas na modalidade de tenis en cadeira de rodas.

Igualmente, alumnado da ESO realizou a actividade “Ponte no seu lugar”, experimentando diferentes actividades e xogos en situacións adaptadas. Un percorrido con discapacidade sensorial, un partido de goalball ( único deporte paralímpico para discapacidade visual), voleibol sentados, tenis de mesa adaptado, baloncesto en cadeira de rodas, boccia (modalidade paralímpica parecida á petanca), futman ( fútbol en cadeira de rodas), así como un circuito de habilidade con muletas, foron as principais accións realizadas por rapaces e rapazas.

A maiores, realizouse unha exposición de fondos diversos – libros e películas – sobre a discapacidade e a inclusión, mentras que en Radio Xograr soaron nos tempos de lecer unha selección de cancións sobre dita temática e emitirase o vindeiro día 13 a valoración do propio Álvaro Illobre. Non esquecemos que nos videomonitores do noso centro proxectáronse  presentacións sobre inclusión, a laboura dos coidadores, o deporte e a discapacidade.

Para levar a cabo todo isto contouse coa colaboración da ONCE, do CPAP Bergondo-INSERSO, do Centro de Saúde de Sarria, da Cruz Vermella e do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo. Esta semana foi promovida polo profesorado e alumnado do Ciclo de Atención á Perosas en Situación de Dependencia, contando coa axuda da Vicedirección, da Biblioteca e de Radio Xograr.

.

Deixar un comentario

Arquivado en CURSO 2019-2020

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s