Descubrimento da biblioteca

A segunda semana de clase empezaron as visitas que organiza o equipo de biblioteca para que o novo alumnado do centro saiba como funciona este espazo tan polifuncional do Xograr. Deste xeito, os novos estudantes de 1º ESO, 1º Bacharelato e 1º de Ciclo de Formación Profesional, están a pasar pola biblioteca, nalgúns casos acompañados dos seus titoras ou titoras respectivas. Reciben información e formación, para así funcionar da forma máis autónoma posible e colaborar dun xeito ou outro no mellor funcionamento posible. Igualmente, o alumnado de nova incorporación recolle o seu carné de biblioteca e unha carta informativa dirixida ás familias para facerlles saber todas as actividades posibles que teñen a súa disposición.

Hora de Ler

O luns 23 arrincamos co proxecto, “A hora de Ler”, encamiñado a mellorar a competencia lectora. Un tempo adicado á lectura individual en todos os cursos e grupos da ESO. Cada semana ocuparase unha hora, rotando de 1ª a 6ª, para esta actividade tan necesaria no proceso formativo de cada estudante.
Tal e como informaron os/as titores/as, cada alumno/a deberá traer da casa un libro para ler nesa hora, o mesmo que fará o/a profesor/a. Existirá un repositorio de libros da biblioteca na conserxería do Edificio 1, por se algún/ha rapaz/a esqueceu o seu libro, e que levaría en préstamo cubrindo unha ficha. Nese caso, debera devolvelo na biblioteca durante o tempo de lecer nun prazo máximo de 15 días, que podería renovar se fora preciso. De todos os xeitos, o máis lóxico e funcional é que cada alumno/a traia da súa casa un libro que lle guste ou estea a ler, para así continuar a súa lectura na clase, ou solicitar o seu préstamo na biblioteca con anterioridade.
Lembrade, pois, que o luns 23 á 1ª hora (08h40-9h30), en todas as clases, de 1º a 4º da ESO, é HORA DE LER!

 

Benvida ao curso 2019-2020…

..dende o blog da Biblioteca do Xograr, a vosa e nosa biblioteca. Para arrincar un novo curso vos deixamos o horario de atención do equipo de biblioteca. Desta volta somos nove: Ana (Inglés), Ana Belén (Lingua Castelá), Jorge (Relixión), Sol (Ciencias Naturais), Lola e Pepa (Lingua Galega), Paula e Xosé Lois (Ciencias Sociais) e Miguel (Francés).

Arrincamos pois o curso, desexándovos moita sorte e moito ánimo. Dende a “biblio” vos mantendremos informados de todas as cousas – con considerabeis novidades – que iremos facendo neste período que vai dende setembro de 2019 a xuño de 2020.