Arquivos diarios: 6 Maio 2019

Reflejarte

É un recurso que forma parte de Educación Responsable, un programa educativo da Fundación Botín, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e no que participa o noso centro. Esta ferramenta favorece o desenvolvemento social, emocional e da creatividade a través dun traballo colaborativo. Na materia de Educación Plástica, no pasado curso 2017-2018, a través da obra de Julie Mehretu propúxose reflexionar aos alumnos de 3º da ESO sobre a carga afectiva e emocional do noso entorno máis próximo. O proxecto inclúe a docentes, alumnado e familias.

No seguinte enlace está o libro de artista,”subido” á páxina de youtube de noso centro escolar.

Nas imaxes podemos ver o traballo realizado, exposto no vestíbulo do edificio 1.

 

Deixar un comentario

Arquivado en ACTIVIDADES CURSO 2018-2019

Máis aló do propio recinto escolar…..

..que era ata agora como se podía escoitar, Radio Xograr da un paso máis e xa ten espazo sonoro na rede.

Qué guste!!!…que é o que conta

 

Deixar un comentario

Arquivado en ACTIVIDADES CURSO 2018-2019