Actividade lingüística no Camiño de Santiago

O ALUMNADO DO IES XOGRAR SAE AO CAMIÑO DE SANTIAGO

 PARA PRACTICAR A LINGUA FRANCESA

 

47 alumnos  do IES Xograr Afonso Gómez, correspondentes a 3º e 4º da ESO, así como de 1º de Bacharelato, tomaron parte nunha actividade proposta polo departamento de Francés,  con obxectivo fundamentalmente lingüístico, no Camiño Francés a Compostela, ao seu paso por Sarria, e que tivo lugar o  pasado xoves día 2 de maio.

 

A primeira parte da actividade consistía en reunirse con persoas que traballan e habitan en Sarria, que por razóns diversas – familiar, traballo, estudos, emigración, sociais, culturais, formativas, etc. – aprenderon a lingua francesa nun momento determinado e que a soen utilizar nos súas quefaceres  laborais de diario. Tomar algo con eles ao tempo que falaban nesta lingua estranxeira, estudiada polos alumnos xograrinos, era a filosofía deste exercicio oral. Para ilo contouse coa colaboración de Supermercado O Chanto Covirán, Antigos propietarios do Bar Camiño Francés, Albergue Monasteiro La Magdalena, Hotel Vila de Sarria, Albergue Internacional, Hotel Alfonso IX, Muebles La Fábrica, Café Bar A Travesía dos Soños e Oficiña de Turismo do Concello de Sarria, que axudaron amable e gratuitamente nesta tarefa con finalidade pedagóxica e lingüística.

A segunda parte desta actividade complementaria consistía en buscar peregrinos francófonos en diversos puntos da ruta xacobea ó seu paso por Sarria, dende a entrada do camiño polo lugar de Vigo de Sarria ata as proximidades de Ponte Áspera, incluíndo ademais lugares frecuentados polas persoas que fan este itinerario, como son as estacións de bus e tren, as tendas de alimentacións, os supermercados, os albergues, o exterior do centro médico, a oficina de turismo, etc. O obxectivo que se pretendía era charlar con eles en francés, saber cousas dos aspectos da súa viaxe, das vivencias no camiño, dos pros e contras, reflexións que os estudantes  recollían en papel e bolígrafo ou ben usando ás novas tecnoloxías, dígase cámaras dixitais, gravadoras de son, teléfonos móbiles, MP3 ou MP4, tabletas, etc.

Unha serie de preguntas baseadas en diversas informacións sobre Sarria, así como un posterior traballo en casa, sobre o vocabulario da vestimenta do peregrino e das partes dunha catedral da época medieval, compuxeron a terceira parte desta acción educativa, realizada nunhas datas do ano onde Sarria acolle a moitos peregrinos que camiñan a Santiago, sendo bo parte deles de nacionalidades foráneas. Un día moi interesante para poñer en práctica os coñecementos en lingua francesa aprendidos por rapaces e rapazas nas aulas do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, que foi acompañado dun magnífico e agardado sol.

????????????????????????????????????
????????????????????????????????????
????????????????????????????????????
????????????????????????????????????
????????????????????????????????????