O escritor do mes…

…o derradeiro deste curso, correspondente ao mes de xuño. Grazas desta volta á profesora Felisa, do departamento de Lingua Galega. E, por suposto, á profesora Sol, que se encargou, entre outras cousas da biblioteca, de coordinar mensualmente aos docentes para levar a cabo esta sección. Desta volta foron os de linguas, o vindeiro curso máis…e cecais mellor

Que guste a suxestión proposta

ESCRITOR XUÑO

Tres alumnas de 1º ESO gañan o concurso “Cherche ton…et son français”.

Concurso proposto polo departamento de Francés e dirixido a todos os niveis de ESO e Bacharelato. Consistía en presentar unha fotografía de algo que estivera escrito en francés en Sarria, Samos, Triacastela, etc. e explicar cos coñecementos que cada alumno tiña de dita lingua estranxeira o plasmado na imaxe.

Resultaron gañadoras as alumnas Lucía Vilar López (1º ESO A), Estefanía López Valladares e Alba Moral Bustelo (1º ESO B), ás que vemos na foto cos seus respectivos traballos. Parabéns ás tres!!!

 

Antón Fraguas e as Letras Galegas 2019

Como ben sabedes, as Letras Galegas do presente ano dedícanse a Antón Fraguas, o intelectual de Cotobade (Pontevedra), que traballou en diversos eidos da cultura galega.

Dende o noso centro quixemos resaltar a figura deste insignio home, como queda reflectido nos enlaces que vos remitimos. Entre outras cousas ( exposición no corredor da sala de profesores/as, artigos e suplementos de prensa escrita en biblioteca e curruncho de prensa), o traballo realizado polos alumnos de 1º ESO e o mini-programa de Radio Xograr. Podedes acceder a ambas cousas a través dos seguintes enlaces:

https://www.facebook.com/iesxograr/?epa=SEARCH_BOX

 

 

Rap e Graffiti….

..grazas a ” Vella Escola”, que xa estivera connosco fai anos no Club Lector. Desta volta, enmarcado na “Salón do Libro e da Lectura” que organiza e facilítanos o Departamento de Cultura do concello de Sarria.

Así, rapeando e poñendo bonito unha parte do noso centro, como amosa a fotografía, accións nas que participou o alumnado de 3º e 4º ESO.

Grazas e que guste!!!

Reflejarte

É un recurso que forma parte de Educación Responsable, un programa educativo da Fundación Botín, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e no que participa o noso centro. Esta ferramenta favorece o desenvolvemento social, emocional e da creatividade a través dun traballo colaborativo. Na materia de Educación Plástica, no pasado curso 2017-2018, a través da obra de Julie Mehretu propúxose reflexionar aos alumnos de 3º da ESO sobre a carga afectiva e emocional do noso entorno máis próximo. O proxecto inclúe a docentes, alumnado e familias.

No seguinte enlace está o libro de artista,”subido” á páxina de youtube de noso centro escolar.

Nas imaxes podemos ver o traballo realizado, exposto no vestíbulo do edificio 1.