Día da Paz no Xograr

Co gallo do Día da Paz, que todos os anos se conmemora no mes de xaneiro, baixo o lema “TODOS PODEMOS SER  REFUXIADOS… ESTAMOS PREPARADOS? ” queremos retomar a sensibilización e concienciación da comunidade educativa sobre as causas  sociais, políticas, económicas,  e morais que obrigan  a unha persoa a abandonar a súa casa, a súa terra, a súa familia e o seu país na procura dunha solución vital a numerosos e complexos problemas.

Actividades a desenvolver na semana do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro:

  • Desenvolvemento nas titorías dalgunha actividade da Unidade didáctica enviada polo departamento de Orientación.
  • Cuña radiofónica con información sobre o tema no programa de radio do venres.
  • O venres, día 1 de febrero, no recreo, un grupo de alumnos e alumnas do Ies Xograr Afonso Gómez farán unha campaña de concienciación hacia as vivencias dos refuxiados mediante una dramatización. (O acto terá lugar na pista exterior cuberta)

Novo mobiliario

Resultante dunha idea vista nunha área comercial e que adaptamos para a nosa zona de lectura informal. Unhas rodas, un pouco de pintura, uns tubos para darlle consistencia e unha tapa de madeira. E xa temos uns coloridos puffs para a nosa biblioteca. Grazas ás profesoras de Tecnoloxía María José Rebolo, Ruth Díaz e Sonia Bergantiños e ao grupo de alumnos de 4º da ESO, que fixeronn boa parte do traballo, ainda que non todos quixeron sair na foto.

Agardamos que guste e sexa útil e cómodo

Máis cousas interdisciplinares….

…como as que nos achegan o alumnado de Cultura Clásica e de Física e Química. Dunha banda, o segundo aforismo, desta volta o coñecido “Tempus Fugit”, feito polo alumnado de 3º e 4º da ESO. E doutra outra presentación dunha molécula, preparada polo alumnado de 3º ESO. Ámbolos dous traballos os tedes no edificio 2, é dicir o edificio novo.

Grazas as profesoras Elena, Cristina e María José que lideraron estas ideas.

Noraboa a Pepa e a Damián polos premios acadados

Dunha banda, á docente Mª José (Pepa) Barrios, profesora de galego e membro do equipo de biblioteca no presente curso escolar. Ven de gañar o concurso de relatos de verán do xornal “El Progreso” cun relato titulado “Morte en primavera”.

E doutra a Damián Comesaña Fernandes, alumno de 4º ESO, gañador na modalidade de cartel do premio (3º-4º ESO) do Concurso Artístico “Pola Igualdade 2018”, organizado pola Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG). O premio consiste nunha tablet gráfica e o diploma correspondente que recibirá proximamente.
 
Parabéns a ámbolosdous!!!!

Moitas cousas no Nadal do Xograr…

..que vos contamos con certo retraso, pero….

– Folla informativa sobre suxestións lectoras e lectura en e-readers
– Festival con concerto de ex-alumnas, performance dos alumnos de 4º ESO e panxoliña cantada por un grupo de docentes
– Exposición de libros varios
– Photocall de alumnos, docentes e persoal de servizos
– Concurso de beléns
– RadioXograr cun programa moi navideño
e máis cousas, todas elas en traballo interdisciplinar. Se clicades no link atopades máis información e fotos