Rematou 2017-2018, un curso máis, outro “exercicio” da nosa biblioteca dentro do Plambe (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), ofrecendo a toda a nosa comunidade educativa ( alumnado, profesorado, persoal non docente, familias) os servizos propios dunha biblio do século XXI. O noso traballo, posible grazas á colaboración de todas as persoas que forman parte do IES Xograr, consideramos que tivo os seus froitos por razóns ben coñecidas e xa explicadas neste blog.
Resumimos agora dous cousas máis que por lóxica fanse nesta parte final.
1) Catalogacións e préstamos. Superando con creces o acadadado no curso precedente, resumidas nestes números
FONDOS CATALOGADOS DURANTE O CURSO 2017-2018
-
303 libros
-
2 documentos sonoros
-
18 documentos audiovisuais
-
Total: 323
PRÉSTAMOS REALIZADOS DURANTE O CURSO 2017-2018
-
1022 libros
-
50 documentos audiovisuais
-
17 préstamos doutro tipo
-
Total:1089.
-
2) Proxecto E-LBE 2. Recibimos unha partida económica para mercar Libros electrónicos, que sumados aos 4 que xa tiñamos, fixeron un total de 17 dispositivos para lectura dixital.
Despois de todos os pasos que fomos dando ( selección de lectores, comunicación á Bibliotecas escolares dos mesmos cos datos requeridos, recepción de claves para identificación de usuarios, oferta de e-readers, publicitación da oferta, etc), foron sendo prestados os nosos libros electrónicos. Quedamos moi satisfeitos de todo ilo, pois foron levados por profesores, alumnos e persoal non docente. Os 17, 13 da nova xeración (E-LBE 2) e os 4 da primeira (E-LBE 1). Sentimos non poder satisfacer a demanda daquelas persoas que querían levalo…cando xa estaban todos prestados. Outra vez será
Foi un traballo laborioso, sobre todo con certos atrancos técnicos ( grazas a José Luis Cebey, da Consellería, a Ana Cedrón – quen leva este proxecto no noso centro – e a José Manuel, o noso director, que de informática sabe un mundo ). Pero aos poucos, e cecais tamén ás carreiras, porque non sobraba tempo, deu os seus froitos.
Pois que todos aqueles que os levaron que disfruten no verán da súa lectura. Agradecer igualmente o laborioso traballo feito polos cinco membros da nosa biblio
-
Ana Cedrón Paz, profesora de Inglés.
-
Ana Belén Durán Pernas, profesora de Lingua Castelá.
-
Esperanza Fernández Camiñas, do departamento de Galego.
-
Jorge Marcos, docente de Relixión.
-
Mª Sol Rodríguez Rodríguez, docente de Ciencias Naturais
-
Un enorme pracer traballar tan ben e a gusto con todos eles. Desexar a Esperanza toda a sorte do mundo no seu novo destino académico. E o curso que ven, intentando incorporar a máis profesores, tanto no equipo de biblioteca, como no equipo de apoio, intentaremos cumplir aquela máxima de ” máis….e mellor!!!!”
-
-
Miguel Cumbraos Álvarez. Profesor de Francés e Coordinador da Biblioteca do IES Xograr Afonso Gómez
-
-
-
???????????????????????????????????? ???????????????????????????????????? ????????????????????????????????????