Unha veintena de persoas, entre alumnos e profesores, reuníronse na terceira sesión do Club Lector “O Xograr Lector”, que desta volta tivo lugar na Casa da Cultura de Sarria. O cambio de emprazamento foi debida ao aproveitar o desprazamento a Sarria da autora do libro escollido.
Ledicia Costas, escritora viguesa moi laureada e con moitos títulos ben coñecidos na literatura infantil e xuvenil galega, era unha das invitadas á Semana das Letras e da Lectura, organizada polo Concello de Sarria dende a súa area de Cultura e Igualdade. Deste xeito, os participantes no club lector do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria aproveitaron a presenza da novelista para artellar deste xeito a súa terceira sesión do curso 2017-2018.
Para iso traballouse anteriormente por parte dos estudantes e profesores a novela “Jules Verne e o segredo das mulleres planta”, relato fantasioso baseado nunha viaxe do coñecido escritor francés á cidade de Vigo. Durante hora e media os estudantes sarriaos tiveron ocasión de departir unha amena charla sobre dita obra, así como sobre outros títulos da coñecida novelista viguesa.