Día da Ilustración….

…relacionada co nacemento de Castelao. Ainda que foi no mes de xaneiro, non pudemos ter antes os traballos feitos polo alumnado de 4º da ESO do Departamento de Plástica. Os tedes expostos no pasillo que comunica as aulas de 4º ESO con 1º de Bacharelato. Grazas a todos pola participación nesta interesante e sinxela mostra vencellada ao grande intelectual de Rianxo.

 

Letras Galegas 2018

..cun feixe de cousas:

 
– A exposición que envían dende a Xunta
– Uns cantos libros dos nosos fondos para coñecer máis e mellor a María Vitoria Moreno
– Repartindo libros doados pola Deputación de Lugo entre alumnos, docentes e persoal non docente
– Repartindo marcapáxinas feitos polo equipo de Dinamización Lingüistica entre os lectores
– Expoñendo traballos diversos realizados polos profesores do departamento de Galego en colaboración co departamento de Plástica
– Participando no club de lectura con Ledicia Costas
– Decorando partes do noso centro con traballos realizados polos nosos alumnos e vencellados á escritora extremeña

LEDICIA COSTAS AMENIZOU UNHA INTERESANTE TERCEIRA SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA “O XOGRAR LECTOR”

Unha veintena de persoas,  entre alumnos e profesores, reuníronse na terceira sesión do Club Lector “O Xograr Lector”, que desta volta tivo lugar na Casa da Cultura de Sarria. O cambio de emprazamento foi debida ao aproveitar o desprazamento a Sarria da autora do libro escollido.

 

Ledicia Costas, escritora viguesa moi laureada e con moitos títulos ben coñecidos na literatura infantil e xuvenil galega, era unha das invitadas á Semana das Letras e da Lectura, organizada polo Concello de Sarria dende a súa area de Cultura e Igualdade. Deste xeito, os participantes no club lector do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria aproveitaron a presenza da novelista para artellar deste xeito a súa terceira sesión do curso 2017-2018.

 

Para iso traballouse anteriormente por parte dos estudantes e profesores a novela “Jules Verne e o segredo das mulleres planta”, relato fantasioso baseado nunha viaxe do coñecido escritor francés á cidade de Vigo. Durante hora e media os estudantes sarriaos tiveron ocasión de departir unha amena charla sobre dita obra, así como sobre outros títulos da coñecida novelista viguesa.

Concurso de posters “Cherche ton français”….

…xa ten gañadores, merced aos traballos presentados por alumnos do noso centro. O presentado por Adrián No Pérez ( 1º Bacharelato C) acadou o primeiro premio, sendo segundo Tomás Cumbraos Díaz (3º ESO A). A terceira mención correspondeu a Hugo Pérez García (1º ESO B), obtendo tamén recompensa Beatriz Pérez Souto (2º ESO A). Os catro recibiron un detalle significativo e vencellado á actividade por parte do Departamento de Francés.

Gañadores do concurso de Ciencias…

..que pivotaba arredor dos parques nacionais . Había que responder a unha serie de preguntas sobre os máis fermosos parques existentes no territorio español. Os gañadores foron Tomás Cumbraos Díaz (3º ESO) e Patricia Rodríguez Díaz, Ana Cristina López Capellán, Yasmina Vázquez López, Nuria Rivero Núñez e Xoel Santos González ( 4º ESO).

Terán como premio unha viaxe du día ao Parque  Nacional das Illas Atlánticas.

NORABOA AOS SEIS PREMIADOS

Actividade lingüística en francés no Camiño de Santiago…

 

52 alumnos  do IES Xograr Afonso Gómez, correspondentes a 3º e 4º da ESO, así como de 1º de Bacharelato, tomaron parte nunha actividade con obxectivo lingüístico no Camiño Francés a Compostela, ao seu paso por Sarria,  proposta polo departamento de Francés, e que desenvolveuse o  pasado luns 7 de maio.

 

A primeira parte da actividade consistía en reunirse con persoas que viven e traballan en Sarria, que por razóns de variada índole – familiar, traballo, estudos, emigración, inmigración, sociais, culturais, formativas, etc. – aprenderon a lingua francesa nun momento determinado e a empregan nas súas ocupacións laborais de diario. Tomar algo con iles ao tempo que falaban nesta lingua estranxeira que os estudantes xograrino cursan no citado centro escolar, era a filosofía deste exercicio oral. Para ilo contouse coa colaboración de Hotel Alfonso IX, Albergue Monasterio La Magdalena, Supermercado O Chanto Covirán, J.Delbeau Productos Innovadores, Antiguos propietarios de Bar Camino Francés, Bar Cervecería 8 milímetros, Café Bar A Travesía dos Soños, Bar D’Orixe e Bar Tapas, que axudaron amable e gratuitamente nesta tarefa con finalidade pedagóxica e lingüística.

 

A segunda parte desta actividade lingüística consistía en buscar peregrinos francófonos en diversos puntos da ruta xacobea ó seu paso por Sarria, dende a entrada do camiño polo lugar de Vigo de Sarria ata as proximidades de Ponte Áspera, incluíndo ademais lugares frecuentados polas persoas que fan este itinerario, como son as estacións de bus e tren, as tendas de alimentacións, os supermercados, os albergues,  o exterior do centro médico, a oficina de turismo, etc. O obxectivo que se pretendía era charlar con eles en francés, saber cousas dos aspectos da súa viaxe, das vivencias no camiño, aspectos que os estudantes  podían recoller en papel e lápis ou ben usando ás novas tecnoloxías, dígase cámaras dixitais de imaxe ou vídeo, gravadoras de son, teléfonos móbiles, MP3 ou MP4, tabletas, etc.

 

Unha serie de preguntas baseadas en `diversas informacións sobre Sarria, así como un posterior traballo en casa, sobre o vocabulario da vestimenta do peregrino e das partes dunha catedral da época medieval, compuxeron a terceira parte desta actividade realizada nunhas datas do ano onde Sarria póblase de peregrinos que camiñan a Santiago, sendo bo parte deles de nacionalidades foráneas. Un día moi interesante para poñer en práctica os coñecementos en lingua francesa aprendidos por rapaces e rapazas nas aulas do IES Xograr, que foi acompañado dun magnífico e necesario sol.