O pasado venres 20 de abril, o Xograr celebrou o V Festival do Día do Libro. Un espectáculo colectivo no que os alumnos actualizaron diferentes interpretacións sobre a importancia que o libro segue a ter na nosa cultura e na nosa educación. A súa función crítica, creativa, cultural e divertida foi reivindicada desde diferentes propostas estéticas: teatrais, poéticas, musicais e visuais. Mentres preparamos un resumo desta nova edición, deixámosvos o audiovisual realizado pola alumna Laura López Pereiro que un ano máis volve sorprendernos coa profundidade e a actualidade da súa reflexión sobre o machismo imperante no mundo editorial e, polo tanto na historia dos libros que é o mesmo que dicir na historia da humanidade; unha historia que debemos reescribir e que, sen dúbida será un dos retos máis apaixoantes que estas novas promocións encararán no futuro. Un futuro que, sen dúbida algunha, será prometedor.