DISPONIBLE O LIBRO DA TERCEIRA SESIÓN DO CLUB LECTOR…

..que será a mediados de maio e na que, cecais, podería haber algunha sorpresa.

Xa tedes na biblioteca exemplares da novela da escritora viguesa Ledicia Costas ” Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”. Non esquezades coller o libro e participar na terceira sesión.

En breve confirmaremos a data e hora exacta

Grazas por participar

 

SEGUNDA SESIÓN DO CLUB LECTOR “O XOGRAR LECTOR”

Perto dunha veintena de persoas, entre alumnos, profesores e pais-nais, reuníronse na biblioteca do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria para participar na segunda sesión do Club de Lectura “O Xograr Lector” no presente curso académico 2017-2018.

 

Desta volta traballouse coa novela da xornalista e escritora santiaguesa María Solar, “ As meigas de Lupa”. Un libro sinxelo e moi atractivo, que foi do gusto de todos os presentes e que recolle historias moi vencelladas coa cultura tradicional galega. Para facer máis levadeira a sesión, os participantes degustaron unha sabrosa  larpeira.

A terceira reunión do Club Lector do IES Xograr xa ten libro. Trátase da novela da viguesa Ledicia Costas “ Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta”, texto sobre o que se traballará a mediados do mes de maio, non descartando a presenza da autora no centro educativo sarriao.

Colaboradores da Biblio….

…aproveitando que teñen unha materia convalidada e están na biblioteca nas horas longas do luns e xoves. Son Patricia Rodríguez Díaz e Xoel Santos González de 4º ESO. Botan unha importante man en temas moi diversos de funcionamento e organización. Grazas por esa colaboración desinteresada e a seguir con moitos ánimos no que resta de curso académico.

Día do libro no Xograr

O pasado venres 20 de abril, o Xograr celebrou o V Festival do Día do Libro. Un espectáculo colectivo no que os alumnos actualizaron diferentes interpretacións sobre a importancia que o libro segue a ter na nosa cultura e na nosa educación. A súa función crítica, creativa, cultural e divertida foi reivindicada desde diferentes propostas estéticas: teatrais, poéticas, musicais e visuais. Mentres preparamos un resumo desta nova edición, deixámosvos o audiovisual realizado pola alumna Laura López Pereiro que un ano máis volve sorprendernos coa profundidade e a actualidade da súa reflexión sobre o machismo imperante no mundo editorial e, polo tanto na historia dos libros que é o mesmo que dicir na historia da humanidade; unha historia que debemos reescribir e que, sen dúbida será un dos retos máis apaixoantes que estas novas promocións encararán no futuro. Un futuro que, sen dúbida algunha, será prometedor.

Aprazado para o xoves 26 o Club Lector…

na súa segunda sesión do curso 2017-2018. Arredor do libro ” As meigas de Lupa”, a partires das 15h30 na nosa biblio. Debido á folga de estudiantes convocada para o vindeiro xoves 19, cambiouse a data da nosa reunión, que pasa agora ao Xoves 26 deste mesmo abril. Animádevos a ler o libro e a participar nesta actividade tan interesantes

Concurso de Francés

Concurso “Cherche ton français

 

Bases

  • 1) Dirixido a todos os cursos ( dende 1º ESO a 2º de Bac)
  • 2) Prazo de entrega: Do 1 de abril ao 1 de maio ( os traballos entregaranse aos profesores Rosa Mª Porto Paz e Miguel Cumbraos Álvarez)
  • 3) Os traballos presentaranse en un tamaño A4 (papel, cartón, cartolina, outros materiais), en cores ou branco e negro. Admítense presentacións a man, ordenador, collage, etc)
  • 4) Entregarase un premio por curso, é dicir un total de 6 premios se hai alumnos dos seis cursos indicados. En caso de que non houbese o departamento valoraría a posibilidade de dar máis dun por curso. Igualmente o traballo será considerado como traballo voluntario na nota final da materia
  • 5) Realizarase unha exposición con todos os traballos. Igualmente farase unha simbólica entrega de premios e a foto dos gañadores xuntos aos seus traballos saira nos soportes informáticos do centro, en Radio Xograr e na revista Aqui e Agora
  • 6) Cómo facer?
  • Opción a) Fotografiar algo que esté escrito en francés en Sarria, Samos, Triacastela, Lugo, Monforte…Facer un pequeno texto explicativo cos coñecementos de francés que se teñan en función do nivel que se curse.
  • Opción b) Buscar un “document authentique”(publicidade, información sobre un alimento, instrucións dun aparato, dun producto, etc) que veña en francés. Acompañalo dunha pequena explicación co francés que se saiba.