Entroido…ainda que con retraso

Outra vez n Xograr buscando sempre temas con finalidad cultural ( tradicións, monumentos típicos, etc). Así, no patio cuberto houbo San Fermín, raperos, etc…incluso os profes en plan “baile neozelandés de rugby..con letras moi vencelladas aos exames, os móbiles, etc”

Día de Rosalía no Xograr

Aquí tedes o traballo realizado no noso centro co gallo do 24 de xaneiro, Día de Rosalía de Castro. Traballo coordinado polo equipo de Dinamización Lingüística e e no que colaboraron outros departamentos e persoas do noso centro escolar. Lembrando a xenial poeta de Padrón.

Un texto reivindicativo e un video recopilatorio das diversas accións realizadas

Hoxe 24 de febreiro  ROSALÍA DE CASTRO é o refacho que abre as fiestras do Xograr.

Vén co poder anovador do vento, espallando sons  , espallando verbas  dende o pasado para transmitilrlas á rapazada do presente, semente  do noso futuro .

Abrimos as fiestras , abrimos os nosos sentidos e o noso corazón,  porque o que vén polo vento   é o aire que nos dá vida, que enche os nosos pulmóns. 

Celebremos  o Día De Rosalía: abre a fiestra, pecha os ollos ,inspira, expira, …respira e sinte a Rosalía.

 

Títulos actualizados

Aquí tedes un documento en pdf con pequenos comentarios resumo sobre as recentes adquisicións do Club de Lectura Adultos ON – LINe

Títulos CL Adultos – Febreiro 2018

Igualmente dispoñedes dun pequeno bloc con dita guía en papel, que vos permita ao mesmo tempo saber algo máis de cada unha desas obras antes de decantarse por ista ou por aquela

Boa lectura a todos…e a facer moitos comentarios neste blog