Todos os venres tes unha cita no vestíbulo do Edificio 2. Alí “cócese” e emítese Radi Xograr, un programa de radio escolar que sae “ao aire” pola megafonía existente no Xograr. Unha forma de pasar un tempo de lecer diferente, o máis longo da semana. Entrevistas, música, deportes, chistes, imitacións, axenda, etc. Toda unha serie de contidos para aportar cousas novas ao noso centro escolar.
Do apartado técnico encárgase Andrés Pérez Fariñas ( 2º ESO A). A parte humor é cousa de Daniel Rodríguez Cabada (2º ESO A), mentras que no apartado de animación e publicidade locuta Pablo García López (2º ESO A). Tomás Cumbraos Díaz (3º ESO A), Patricia Rodríguez López (4º ESO A) e Yasmina Vázquez López (4º ESO A) encarganse da entrevista semanal. A información deportiva é responsabilidade de Héctor Corujo Muíña (2º ESO B), mentras que a selección musical en lingua inglesa e francesa corresponde a Laura López López (2º ESO B). “Tira” deste enorme grupo humán o profesor de Francés e coordinador da biblioteca, Miguel Cumbraos Álvarez.
Xa sabes, todos os venres, de 11h15 a 11h45….Radio Xograr!!!