A noso singular árbore de Nadal

Neste nadal, non deixedes apagar as charamuscas da ilusión, e bailade como faíscas no lume do amor. BOAS FESTAS!!

Cos versos máis fermosos e reivindicativos dalgúns poetas galegos de todas as épocas quixemos construír a nosa árbore de Nadal. Son versos que celebran a beleza do noso entorno, que falan da súa transcendencia na configuración do noso carácter e que nos advirten dos riscos do seu deturpamento. Versos potentes como os do noso poeta Fiz Vergara Vilariño, ao que lle seguimos reclamando o recoñecemento que se lle debe por parte das institucións. O noso desexo para o vindeiro ano ten lema: “Que a túa man sexa verde”, é dicir, respectuosa coa natureza que nos dá a vida.

Día da Edición no Xograr….

…lembrando a Ángel Casal e todo o que o vincula co mundo da imprenta. Deste xeito, no noso centro fixemos unha singular exposición con todo aquilo que “editamos” ( todos os números da revista escolar, folletos da biblioteca, info biblio, folletos dos e-readers, folletos de festivais, actos culturais, saídas, etc