Derradeira sesión do Club Lector no presente curso


Derradeira sesión do Club Lector no presente curso
..que tivo o seu día, o pasado 21 de maio. Así, coordinados pola nosa profesora de Pedagoxía Terapeútica, María José Rubiás, un grupo de alumnos de procedencias e culturas moi diversas fixeron unha actividade directamente vencellada ás súas civilizacións e linguas. O acompañamento musical foi cousa de David Vila, David Álvarez e Lucía Capón, alumnos de 2º Bacharelato. Algo especial que foi moi do gusto do alumnado e do profesorado presente. Aquí tedes un pequeno resumo fotográfico. Grazas a María José e aos seus alumnos polo esforzo e traballo desenvolto.
Atoparedes igualmente o texto que nos fala deste día tan singular e que resume todo o que se fixo no citado festival.
..que ainda que foi o pasado 9 de maio, o lembramos agora. Gran traballo o realizado polos docentes Paula González Pavón e Brais Rodríguez Sánchez, que implicaron ao alumnado de 1º e 2º ESO para facer un traballo moi variado sobre moitas cousas do ” vello continente”. O ideal é achegarse ao vestíbulo do edificio vello onde tedes as mostras do presentado polo noso alumnado máis novo.
..xa na recta final do curso. Xuntámonos o vindeiro mércores 31 ás 15h30. Faremos algo diferente, así que xa sabedes. Vide e disfrutade desta derradeira reunión do curso 2016-2017
…o escritor ourensán a quen se lle adicou ás Letras Galegas 2017. Con material institucional, traballo feito polos alumnos, aportacións dos docentes. Un pouco de todo, como vedes reflexado nestas imaxes
..desta volta en lingua inglesa
54 alumnos do IES Xograr Afonso Gómez, correspondentes a 3º e 4º da ESO, así como de 1º de Bacharelato, tomaron parte nunha actividade con obxectivo lingüístico no Camiño Francés a Compostela, ao seu paso por Sarria, proposta polo departamento de Francés, e que desenvolveuse o pasado venres 5 de maio.
A primeira parte da actividade consistía en reunirse con persoas que viven e traballan en Sarria, que por razóns de variada índole – familiar, traballo, estudos, emigración, inmigración, sociais, culturais, formativas, etc. –aprenderon a lingua francesa nun momento determinado e a empregan nas súas ocupacións laborais cotidiáns. Tomar algo con iles ao tempo que falaban nesta lingua estranxeira que os rapaces e rapazas estudan no citado centro escolar, era a filosofía deste exercicio oral. Para ilo contouse coa colaboración de Hotel Alfonso IX, Albergue Monasterio La Magdalena, Supermercado O Chanto Covirán, J.Delbeau Productos Innovadores, Antiguos propietarios de Bar Camino Francés, Bar Cervecería 8 milímetros, Café Bar A Travesía dos Soños, Axencia Tee-Travel e Oficiña de Turismo de Sarria, que axudaron amable e gratuitamente nesta tarefa con finalidade pedagóxica e lingüística.
A segunda parte desta actividade lingüística consistía en buscar peregrinos francófonos en diversos puntos da ruta xacobea ó seu paso por Sarria, dende a entrada do camiño por Vigo de Sarria ata as proximidades de Ponte Áspera, incluíndo ademais lugares frecuentados polas persoas que fan este itinerario, como son as estacións de bus e tren, as tendas de alimentacións, os albergues, o exterior do centro médico, a oficina de turismo, etc. O obxectivo que se pretendía era charlar con eles en francés, saber cousas dos aspectos da súa viaxe, das vivencias no camiño, aspectos que os estudantes podían recoller en papel e lápis ou ben usando ás novas tecnoloxías, dígase cámaras dixitais de imaxe ou vídeo, gravadoras de son, teléfonos móbiles, MP3 ou MP4, tabletas, etc.
Unha serie de preguntas baseadas en `diversas informacións sobre Sarria, así como un posterior traballo en casa, sobre o vocabulario da vestimenta do peregrino e das partes da catedral, compuxeron a terceira parte desta actividade realizada nunhas datas do ano onde Sarria póblase de peregrinos que camiñan a Santiago, sendo bo parte deles de nacionalidades foráneas. Un día moi interesante para poñer en práctica os coñecementos en lingua francesa aprendidos nas aulas.
..ainda que con retraso. Fotos que mostran os magníficos traballos presentados.