Moita variedade no libro do libro….

..mesturando soportes varios, é dicir teatro, power point, audio. Aquí tedes todo o resultado, ainda sen incluir os materiais presentados polos alumnos, para o que faremos outra entrada.

 

 

Poesía….moita poesía

…non so o Día propiamente dela ( 21 de marzo), senón en días posteriores, pola lóxica de exames e avaliacións, así como por dar máis tempo a este interesante xénero literario. Traballouse con diversas propostas aos departamentos lingüísticos, implicándose desta volta Clásicas, Francés, Galego e Lingua Castelá. Creáronse poesías, traballouse con clásicos adaptados a nenos de Atención Educativa, percorreuse a poesía actual a través de videos, analizáronse obras maestras da poesía española en versións para adolescentes, e incluso mixturouse poesía e…auga…co gallo do Día da Auga.

Tedes aquí unha serie de fotos que ilustran esta actividade interdisciplinar.

 

 

Saúde…no día da Saúde ( 7 abril)

Para conmemorar o día mundial da saúde (7 de abril) dende a biblioteca do Xograr  e en colaboración cos departamentos de Bioloxía e Educación Física realizouse unha pequena exposición no hall do noso centro.

Publicitouse un decálogo con recomendacións para manter unha vida saudable, expuxéronse diferentes carteis do Plan Galicia saudable e colocouse un expositor con libros sobre alimentación, danza, Pilates, emocións,…

Disfruta dunha vida sana…co noso decálogo, que podes ver pinchando neste enlace

Decálogo Día da Saúde