…un xénero literario que ten moitos fondos na nosa biblioteca. Catro autores ben coñecidos – Castelao, Lorca, Molière e Shakespeare – invítancher a ler tamén….teatro
Mes: Marzo 2017
Reunión do Clube Lector con David Lozano
O escritor David Lozano participa na segunda sesión do “Xograr Lector”
A segunda sesión do Clube Lector “O Xograr Lector” tivo lugar o pasado venres 24 na biblioteca do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria. Cerca dunha veintena de participantes, entre profesores e alumnos, citáronse para falar do libro escollido, desta volta a novela de suspense “Valkiria.Game over”. E non estiveron sós os amantes desta actividade de lectura en común, senón que foron acompañados polo autor do libro, o escritor zaragozano David Lozano. Lozano, que ten outros títulos no mercado como “La puerta oscura” , “Cielo rojo” o “Herejía” e prepara unha nova publicación, mantivo unha charla informal cos docentes e estudantes sobre temas moi variados coa súa obra e a literatura en xeral.
Tedes igualmente a presentación que se fixo desta obra antes de charla co escritor se premedes no seguinte enlace
Día da Muller 2017…..
…que celebramos con este vídeo
Novidades…..
adquiridas cos cartos do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Seguimos facendo uso desa achega económica para aumentar o material da nosa biblioteca. E tamén seguimos sacándoo fora da biblioteca, para que o poidades ver, consultar e levar como préstamo.
Desta volta cousas de Educación Plástica e Visual, así como de Lingua Galega
Avanzando semana da prensa…..
…luns 6, martes 7, mércores 8…..
Semana da prensa…..
…xa en breve, con novidades en relación con cursos precedentes. E coma sempre no vestíbulo do edificio 1…
Carnaval histórico…..
..e moi divertido. Con participación de alumnos….e tamén profesores
Aquí tedes algunas imáxenes para lembralo