…no noso centro escolar. Traballo interdisciplinar no que participaron os departamentos de Filosofía, Lingua Castelá, Lingua Galega e Plástica, así como a sinxela colaboración desta biblioteca. E falamos de multimedia porque ademais das reflexións escritas que atopamos en diversos puntos do recinto escolar ( por certo algunhas colocadas en sitios ben chamativos) temos ao DJ Xograr “pinchando” nos recreos cancións vencelladas á non violencia e nos monitores existentes nos vestíbulos dos dous edificios tedes tamén interesantes opinións ao respecto.
Xuntamos dous documentos sobre esta xornada tan importante, así como diversas fotos ilustrativas