..dende a Biblioteca do Xograr
Día: 14 Decembro 2016
Vídeo “Todo o tempo do mundo”
Aquí tedes o gran traballo preparado pola profesora Ana Belén Durán Pernas para a primeira reunión do Club Lector do curso actual
Que vos guste!!!!
Cultura….
..e alimentos. Lembra que está en marcha esta campaña que dende o departamento de Relixión, en colaboración coa biblioteca, organizamos nestas datas tan especiais como son as de Nadal. Este ano situamos as caixas para as recollidas das achegas nos vestíbulos dos dous edificios. Subliñar que os alimentos que traias teñen que vir acompañados dunha suxestión musical, cinematográfica ou literaria. Para iso tes un pequeno cuestionario, anónimo, a carón das furnas que acompañan as caixas de recollida. Tan só tes que traer a túa valiosa aportación e ao tempo depositar dita suxestión. Grazas pola colaboración