Noraboa a Xabier Quiroga….

…polo seu premio San Clemente, xunto a novelistas de prestixio como o francés Pierre Lemaitre e a escritora Sara Mesa.

Deixamos un texto que nos prepararon dende o equipo de EDL, así como unhas fotos para acompáñalo.

 

Os rapaces levan razón! E galardoan a IZAN O DA SACA co PREMIO SAN CLEMENTE de narrativa. PARABÉNS ao seu autor, XABIER QUIROGA !

 Máis de trinta rapaces pertencentes a distintos centros de ensino de Galicia, Inglaterra, Francia, Alemaña ou Moscova foron quen de recoñecer a valía dunha grande obra da literatura galega  publicada  na editorial Xerais.

 Izan o da saca é un verdadeiro xogo literario, dende o seu palindrómico título ata a engaiolante historia  que percorre os espazos da Ribeira Sacra, onde se fabula co presente ,  se retrata o pasado e se recrea  a idiosincrasia galega.

Xabier Quiroga tivo a ben agasallarnos coa súa presenza  esta fin de semana no Roteiro literario de Izan , xeira de actividade intensa,  onde os participantes tivemos ocasión de recoller as palabras de Xabier acompasadas polo  zoar do vento en Marce,  pescudar na fervenza de Augacaída  agardando a aparición das xacias , e enmeigarnos  nos camiños reviravoltos da Cova.  Soubemos de contos,  soubemos dos trafegos nas viñas,  e quixemos escoitar o canto dos peixes  ….

Soou o canto, as nosas voces baixaron pòlo Miño e espalláronse polos mares , as xacias trouxeron o seu tesouro …..porque o merecías  Xabier! PARABÉNS DESDE O XOGRAR!

 

“ O mestre proseguiu con voz melosa:

-Non te preocupes, un día iremos xuntos dando un paseo e verás o castro e outros lugares fermosos que hai río abaixo. Tamén río arriba, eh, porque onde nós vivimos está cheo de tesouros. Iso si, hai que facer por velos”

Izan o da saca, páx 99                                                              

 

 

xabier-quiroga-1 xabier-quiroga-3

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: