Estes días de inicio de curso serven para que os novos alumnos reciban o seu carné da biblioteca, e poder facer todo uso que ten. Igualmente o profesorado do equipo da biblio procede a facer as pertinentes visitas de formación de usuarios, que se centran nos grupos de 1º ESO, Bacharelato e Ciclo Formativo, que son os que chegan novos ao noso centro, provenientes doutros centros educativos. Igualmente procédese a explicar dito funcionamento aos novos docentes, así como a aqueles alumnos que matrículanse noutros cursos, como podedes ver nas fotos que acompañan esta entrada. Nestes momentos todos os alumnos, profesores e persoal docente do curso 2016-2016 xa teñen o seu carné. A facer bo uso dil!!!
Mes: Setembro 2016
Carnés e visitas para os novos…
…como é habitual nestas datas estamos preparando os carnés para os alumnos ( 1º ESO, 1º Bac, 1º FP e alumnos soltos dos grupos restantes), profesores e persoal docente. Se vos darán no máis curto prazo de tempo e no caso dos grupos antes citados coa obrigada visita de coñecemento da biblioteca. Grazas pola colaboración
…UN CURSO NOVO
o 2016-2017, que na biblio do Xograr présentase con certos cambios. Antes de nada agradecer de corazón o magnífico traballo realizado polas docentes María José Moure Parrilla e Nazareth Ascariz Ferreira. A primeira ven de xubilarse e a segunda acadou destino na vila de Lugo. Dende este blog lembrar o magnífico traballo que fixeron estes derradeiros anos na nosa biblio e desexarlles moita sorte nesta nova etapa das súas vidas.
Tedes na entrada anterior o horario de atención de biblioteca, onde mantemos un equipo de continuidade formado por 6 profes, ao que se engade a docente de Ciencias Sol Rodríguez, con experienza en biblioteca. Lembraros que préstamos e devolucións fanse no recreo e que si tedes fondos que leváchedes no verán que os vaiades devolvendo.
En breve procederase a entregar os carnés a todo o persoal docente e non docente novo no centro, asi como a todos os alumnos de nova incorporación. Igualmente faremos as visitas de formación de usuarios co alumnado de 1º ( ESO, Bacharelato e FP). Estade atentos a este blog, á cartelería, o taboleiro de Tintin…. Bo curso 2016-2017 e en contacto