A medida que íades vindo pola biblioteca se vos facilitaba un pequeno documento chamado “Pase ao liberespazo”. Tiña oito espazos para opinar sobre os libros que ías lendo. Nese momento lembramos que o trouxeras cuberto á biblioteca…que cecais podería haber algunha sorpresiña en materia de ….De momento xa foi entregado un. Agardamos que traigades máis, pero por suposto cubertos coas lecturas que fixechedes durante o presente curso 2015-2016.
Día: 7 Xuño 2016
Por que os legumes?
O alumnado de 4º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía INVESTIGA as razón polas que os legumes foron elixidos coma protagonistas deste ano. Expoñen o seu traballo en formato cartel para contribuir aos obxectivos da ONU dándoo a coñecer a toda a comunidade educativa
Seguindo o lema “Sementes nutritivas para un futuro sustentable”, a Asemblea Xeral da ONU declarou o 2016 Ano Internacional dos Legumes, durante o cal se pretende concienciar acerca dos beneficios destes alimentos para lograr unha produción sustentable e lograr a seguridade alimentaria mundial e a nutrición da poboación.