O ano pasado decidimos dende a biblioteca ter un pequeno agasallo (un libro, unha libreta, unha mochila, un bloc, etc) cos alumnos e alumnas que levaron máis libros. Repetimos esta experiencia no presente curso escolar, incluíndo o período comprendido entre o primeiro día de clase, é dicir o 15 de setembro, e o derradeiro día do mes de maio, considerando que en xuño hai que concentrarse máis en estudar para os derradeiros exames ( logo xa chega o verán para seguir lendo).
Desta volta resultaron recompensados un total de nove alumnos, que foron os seguintes (PREMIa orde corresponde ao número de préstamos que levou cada un deles): Cristina Shan (2º ESO B), Tomás Cumbraos Díaz (1º ESO C), Paula Quiñoá Piñeiro (4º ESO B), Oriol Segalá Farrés (2º ESO B), Laura González Lemos (2º ESO A), Manuel Corujo Muíña (4º ESO B), Patricia Rodríguez Díaz (2º ESO A), Qun Xu (1º ESO B) e David Vila Lemos (1º Bacharelato A).
A todos eles a nosa máis agarimosa noraboa. Parabéns por ese amor pola lectura…que agardamos se siga mantendo ao longo de toda a súa vida.