Novidades nos corredores do Xograr

Exposición sobre autores francófonos

Expofrancés1No vestíbulo do edificio 1, froito do traballo de alumnos de 3º e 4º ESO, así como 2º de Bacharelato  proposta feita pola Asociación de Profesores de Francés de Galicia e na cal participaron os nosos alumnos. Como xa se indicou neste blog os tres traballos seleccionados e que competiron en Santiago con centros de toda Galicia foron os presentados por Laura Tallos López (3º ESO C), Laura López Pereiro (4º ESO A) e Miriam Balboa Arias (2º Bacharelato A)

Interesante doazón anónima.

Doazón anónimaA que nos fixeron días atrás á nosa biblioteca. Catalogada correctamente e exposta xa para posibeis préstamos, está composta de novelas ben coñecidas de autores hispanoamericanos, norteamericanos e españois ( García Márquez, Rosa Montero, Blasco Ibáñez….). Grazas a quen a fixo posible!!

Froitas…e lecturas.

Froitas-1Boa mezcla, por dicilo así. Xunto coa froita que tódolos días se ofréce aos membros da nosa comunidade escolar, resultado de participar no proxecto de “Froitas frescas”, financiado poloa Unión Europea, algo tamén de lectura. Dicímolo porque xunto a peza diaria, ben necesaria para o noso organismo, podedes coller uns sinxelos marca-páxinas. Se os lemos podemos saber moito máis de froitas, de estacións, de consumo e producción…..

 

 

Máis novidades.

Novidades abrilDesta volta material en lingua galega, bandas deseñadas, etc. Xa están no corredor, fronte ao despacho de orientación para que as consultedes e podades levar en préstamo se son do voso interese.

 

 

Ampliando

Local alumnos1Dende principio de curso temos un moi coqueto local de alumnos, a carón do tamén renovado e acolledor salón de actor. Lembra que neste espazo, no tempo de lecer, podes xogar ao tenis de mesa, ao xadrez, ás tabas…e tamén ler. Habilitouse un espazo onde podes atopar publicacións diversas, en linguas diversas, por si queres disfrutar coa lectura nunha zoa diferente ás habituais

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: