Uso de auriculares na biblioteca

Para evitar danos e desorde na biblioteca, pedímosvos que respectedes as seguintes normas de uso dos auriculares:

 Usanse tan sóDSCF2549 (1) se o programa do ordenador (xogo, música) require son.

 Cóllense e déixanse no mesmo sitio onde están, e dicir: ordenados por  número e cos cables recollidos para que colguen o menos posible.

Se hai algunha deficiencia nalgún, deles comentalo co profesor de garda  do lecer.

Se usades os auriculares para levar a outra aula, debedes devolvelos e  deixalos no mesmo sitio.

Grazas pola colaboración!!

23 de Abril, día do libro

Este ano o Día do Libro ven cargado  de  homenaxes  e recoñecementos. Hai 400 anos  morrían dous dos máis grandes autores de todos os tempos: Cervantes e Shakespeare . A súa non foi  unha morte común porque  a súa pegada continúa estando hoxe presente. De aí  que   cando nos  refiramos a  eles  lles  concedamos  a categoría de “clásicos”. Ser un clásico   significa non pasar de moda , significa  non  acabar de dicir o que se tén que dicir , significa captar os  sentimentos universais e os  comportamentos   cotiáns, significa  conectar cos homes de todas as épocas   demostrando unha e outra vez que o que nos   distingue e define non son os tempos  nen as formas  senón   a materia sensible da que estamos feitos.  

As conmemoracións  inclúen ademáis  o 40  aniversario do Premio Cervantes que pasa por ser o galardón máis importante que se concede nas letras españolas e que  este ano  volve  viaxar a Hispanoamérica  ao serlle concedido ao escritor mexicano Fernando del Paso,  poeta e crítico ademáis de novelista .  Noticias del imperio, José Trigo o Palinuro de México  son algúns dos títulos  máis coñecidos.

Como  xa ven sendo unha tradición , a Biblioteca do centro e o Departamento de Língua Castelá  convocaron de novo  ao alumnado para   a   elaboración de  diferentes traballos que  estes días   serán expostos  no  corredor  da Biblioteca .  Este ano  e por  mor  do éxito que  veu de acadar o libro de Tania Balló  Las sinsombrero , aproveitamos para reivindicar  o papel da muller  na historia da literatura, unha reivindicación que xa empezara o insigne Cervantes hai  400 anos.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Miguel A. Villar entrevista a Alfonso Zapico

La balada del norte

O profesor de Ciencias Sociais do noso centro, Miguel Ángel Villar Corral tivo a oportunidade de entrevistar tempo atrás a Alfonso Zapico, historietista e ilustrador español que traballa fundamentalmente para o mercado franco-belga, galardoado con diversos premios. Na nosa biblioteca tedes a súa obra  “La balada del norte”, ambientada na revolución mineira de Asturias en 1934. Podedes ler a entrevista feita polo voso profe no seguinte enlace:

(http://radspain.com/?p=9083)

Novidades nos corredores do Xograr

Exposición sobre autores francófonos

Expofrancés1No vestíbulo do edificio 1, froito do traballo de alumnos de 3º e 4º ESO, así como 2º de Bacharelato  proposta feita pola Asociación de Profesores de Francés de Galicia e na cal participaron os nosos alumnos. Como xa se indicou neste blog os tres traballos seleccionados e que competiron en Santiago con centros de toda Galicia foron os presentados por Laura Tallos López (3º ESO C), Laura López Pereiro (4º ESO A) e Miriam Balboa Arias (2º Bacharelato A)

Interesante doazón anónima.

Doazón anónimaA que nos fixeron días atrás á nosa biblioteca. Catalogada correctamente e exposta xa para posibeis préstamos, está composta de novelas ben coñecidas de autores hispanoamericanos, norteamericanos e españois ( García Márquez, Rosa Montero, Blasco Ibáñez….). Grazas a quen a fixo posible!!

Froitas…e lecturas.

Froitas-1Boa mezcla, por dicilo así. Xunto coa froita que tódolos días se ofréce aos membros da nosa comunidade escolar, resultado de participar no proxecto de “Froitas frescas”, financiado poloa Unión Europea, algo tamén de lectura. Dicímolo porque xunto a peza diaria, ben necesaria para o noso organismo, podedes coller uns sinxelos marca-páxinas. Se os lemos podemos saber moito máis de froitas, de estacións, de consumo e producción…..

 

 

Máis novidades.

Novidades abrilDesta volta material en lingua galega, bandas deseñadas, etc. Xa están no corredor, fronte ao despacho de orientación para que as consultedes e podades levar en préstamo se son do voso interese.

 

 

Ampliando

Local alumnos1Dende principio de curso temos un moi coqueto local de alumnos, a carón do tamén renovado e acolledor salón de actor. Lembra que neste espazo, no tempo de lecer, podes xogar ao tenis de mesa, ao xadrez, ás tabas…e tamén ler. Habilitouse un espazo onde podes atopar publicacións diversas, en linguas diversas, por si queres disfrutar coa lectura nunha zoa diferente ás habituais

Concurso de posters con temática literaria

Unha vez máis os alumnos que cursan francés no noso IES apuntáronse a participar nun concurso promovido pola Asociación de Profesores de Galicia. Desta volta a creación do poster, algo habitual, tiña que xirar arredor dunha obra ou autor literario encadrado na  civilización francófona, baixo o habitual lema de “Affiche ton français”.

Desta volta dende o propio Departamento decidironse dúas cousas inéditas. Dunha banda dar un pequeno premio aos tres traballos seleccionados, independentemente de que fosen ou no premiados posteriormente en Santiago de Compostela, en competencia co resto de centros galegos. E por outra banda facer unha exposición no noso instituto con todos os que foron presentados por parte de alumnos de 3º e 4º de ESO, así como de 2º de Bacharelato.

Finalmente, entre os traballos presentados, foron seleccionados os correspondentes a Laura López Tallos ( 3º ESO C ), Laura López Pereiro (4º ESO B ) e Miriam Balboa Arias (2º Bacharelato A), adicados respectivamente a “Jules Verne”, “Le Petit Prince” et “Les trois mousquetaires” Noraboa a eles tres polo traballo feito e a todos os restantes pola participación nesta actividade lingüística.

CELEBRANDO O DÍA DO TEATRO

Deixando a un lado medos e temores, e sobre todo apostando por facer algo como é usar unha lingua estranxeira en público e para expresar un xénero literario, os alumnos de 2ºde Bacharelato  se atreveron a representar en francés dúas pequenas pezas teatrais adaptadas para un público estudiantil, celebrando deste xeito o Día do Teatro, que se  conmemorou o pasado día 27 de marzo.

Tras diversos  ensaios, chegou o día da verdade para os “actores e actrices”.  Ante eles un público formado por alumnos de francés do noso centro, de 3º e 4º da ESO e de 1º de Bacharelato, representaron todos eles as pezas teatrais “La pause café e Le restaurant, que foron do agrado dos asistentes e serviron para subliñar como unha lingua estranxeira, neste caso o francés, serve para moito, incluído para facer teatro.

 

Grazas a Daniel Fernández Vázquez (Pierre), Lucía Méndez Gómez (Alexandre), Denise Torre Vázquez (Fanny), Miriam Balboa Arias (Étienne) e Jennifer López Alonso (Émilie) , actores en “La pause café”. E tamén a Nerea Cabanas Rodríguez (Mademoiselle Dupuis), Susana Fernández García (Mademoiselle Dupont), Noelia López Eirao (Monsieur Dumas) e Alba Díaz Rodríguez (Véronique Dubois), que representaron “Le restaurant”. Souberon correctamente estudar o seu papel, meterse na pel dos personaxes, empregar unha lingua estranxeira estudiada na aula e disfrutar con todo elo.