Entroido …de futuro

Non quixemos no Xograr darlle unha volta nen adiantarnos no tempo a como será esta festa tan tradicional na cultura galega. O que si fixemos foi escoller como tema o futuro, que daba para moito xogo…e non so falando de ciencia ficción, tecnoloxía, etc.
 
E así nolo quixeron facer ver as comparsas, como foi o caso da formada por alumnos de 2º de Bacharelato, que en pouco tempo enfocarán novas etapas na súa vida. Ou a de 1º de Bacharelato tamén, que parodiaba o que pode ser a realidade política española en pouco tempo.
 
Tampouco os profes quixeron alonxarse da idea, presentándose como docentes de futuro. No fondo, pasalo ben e sanamente…que tamén é necesario de cando en vez.

Carmela Cela recolle o seu merecido premio

Carmela

Como sabedes, Carmela Cela,  ex-alumna deste centro e entre outras moitas cousas, colaboradora  da revista “Aquí e Agora” e do Club de lectura, obtivo un dos Premios Extraordinarios de Bacharelato do curso 14/15.
O acto de entrega  tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o pasado martes 2 de febreiro. Recollemos do xornal “EL CORREO GALLEGO” a foto de familia dos mellores expedientes de Galicia  co Presidente da Xunta e o Conselleiro de Educación, porque non podemos deixar de expresar outra vez a alegría de toda a comunidade educativa do Xograr por este premio.

Felicidades Carmela!!!