Un ano máis promovido polo departamento de Relixión, iniciamos unha campaña de recollida de alimentos destinada a Cáritas Sarria. Todos aqueles que queiran participar deberán traer alimentos non perecedeiros e deixalos nunhas caixas que temos preparadas para tal fin na biblioteca.
Ademáis a túa aportación ten que vir acompañada dunha pequena recomendación sobre un libro, unha canción, un tebeo, unha película, etc que che guste, cubrindo unha ficha que aportará o profesor de relixión, e que tamén tedes á vosa disposición na biblioteca ou podedes descargar aquí.