Chega o Nadal ao Xograr

Hoxe rematamos o timestre cun montón de actividades:

Foron entregadas a Cáritas Sarria as caixas cos alimentos recollidos na actividade Cultura e Alimentos promovida polo departamento de Relixión. En breve vos contaremos as suxestións de lecturas que nos fixeron tódolos participantes.

No salón de actos  proxectouse a curta realizada polo alumnado do Xograr para o Congreso de Enciga que se celebrou no noso centro o pasado mes de novembro. Despois, alumnos e alumnas de primeiro de bacharelato, dirixidos pola profesora Ana Belén Durán, representaron a obra de teatro Ciencia e Poesía e para rematar, un grupo de profesores e alumnos entoaron unha panxoliña.Panxoliña

Tamén se realizaron actividades deportivas e o clásico concurso de beléns.  Deixamos algunhas fotos do bo facer do noso alumnado. 

A biblioteca do Xograr vos desexa un FELIZ NADAL!!!

Postal de Navidad 2015-Biblioteca

Feliz Nadal e feliz lectura!

CARTEL

Os departamentos de Lingua Castelá, Galega, Inglés e Francés recoméndannos algunhas lecturas para gozar durante estes días de descanso. Para que vos resulte máis cómodo botarlles unha ollada e seleccionar cal queredes, están expostos nun andel no corredor que leva á biblioteca.
Estas son as súas suxestións:

Lecturas Nadal Lingua CasteláDSCF2437

Lecturas Nadal Francés

lecturas-Nadal-galego

Lecturas Nadal -Inglés

Alimentos e cultura unidos da man no Xograr

Alimentos

Un ano máis promovido polo departamento de Relixión, iniciamos unha campaña de recollida de alimentos destinada a Cáritas Sarria. Todos aqueles que queiran participar deberán traer alimentos non perecedeiros e deixalos nunhas caixas que temos preparadas para tal fin na biblioteca.

Ademáis  a túa aportación ten que vir acompañada dunha pequena recomendación sobre un libro, unha canción, un tebeo, unha película, etc que che guste, cubrindo unha ficha que aportará o profesor de relixión, e que tamén tedes á vosa disposición na biblioteca ou podedes descargar aquí.

Alimentos e cultura...