Alumnas solidarias

Grazas a nosa alumna Olalla Rodríguez, coñecimos a iniciativa Mechones Solidarios, que iniciou a “Asociación de peluquería internacional Arte e Imagen”. A iniciativa, sen ánimo de lucro,  céntrase principalmente en axudar a afrontar as consecuencias estéticas do tratamento de quimioterapia e establecer relacións de apoio e axuda aos afectados. Non só proporcionándolles unha perruca de máxima calidade feita a medida, como son as perrucas de pelo natural, senón tamén mellorando a súa autoestima, o que lles axudará para superar a enfermidade. Mirade o que nos conta Olalla:

Coñecín a iniciativa de ser doante de pelo a través dun artigo que unha rapaza publicou nunhafoto olalla revista. En España, existen varias asociacións que se encargan de facer perrucas naturais para enfermas con cancro. Un dos requisitos que se esixe é que o pelo cortado mida máis de 20 cm. De ahí que o día que decidín facer un “cambio de look” sentín moita satisfacción pois podía contribuír a unha boa causa e axudar a rapazas e mulleres que o necesitan.

Animo a todas as persoas a que participen posto que con un pequeno xesto poden facer moi felices a outros.

 

Na web http://www.mechonessolidarios.com/ podedes atopar máis información.

Graciñas Olalla!

E xa temos outra alumna solidaria!IMG-20151111-WA0001

2 opiniones sobre “Alumnas solidarias”

  1. Parabéns a Olalla pola súa solidariedade! As grandes accións sempre comezan con pasos pequenos, pero este pode ser un paso de xigante para concienciarmónos todos do significado de ser XENEROSA e da valentía que supuxo este desafío dun “cambio de look”. E grazas por amosarnos e darnos a coñecer esta xenial iniciativa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: