Alumnas solidarias

Grazas a nosa alumna Olalla Rodríguez, coñecimos a iniciativa Mechones Solidarios, que iniciou a “Asociación de peluquería internacional Arte e Imagen”. A iniciativa, sen ánimo de lucro,  céntrase principalmente en axudar a afrontar as consecuencias estéticas do tratamento de quimioterapia e establecer relacións de apoio e axuda aos afectados. Non só proporcionándolles unha perruca de máxima calidade feita a medida, como son as perrucas de pelo natural, senón tamén mellorando a súa autoestima, o que lles axudará para superar a enfermidade. Mirade o que nos conta Olalla:

Coñecín a iniciativa de ser doante de pelo a través dun artigo que unha rapaza publicou nunhafoto olalla revista. En España, existen varias asociacións que se encargan de facer perrucas naturais para enfermas con cancro. Un dos requisitos que se esixe é que o pelo cortado mida máis de 20 cm. De ahí que o día que decidín facer un “cambio de look” sentín moita satisfacción pois podía contribuír a unha boa causa e axudar a rapazas e mulleres que o necesitan.

Animo a todas as persoas a que participen posto que con un pequeno xesto poden facer moi felices a outros.

 

Na web http://www.mechonessolidarios.com/ podedes atopar máis información.

Graciñas Olalla!

E xa temos outra alumna solidaria!IMG-20151111-WA0001

Concurso “Día da Biblioteca”

Co gallo do “Día da Biblioteca”, que tivo lugar o pasado 24 de outubro, a biblioteca do IES Xograr, en colaboración cos departamentos de Lingua Castelá e Galega, organizou o seu habitual concurso entre alumnos de ESO e Bacharelato. Buscábase que os estudiantes presentaran un traballo, en soporte diverso, indicando que é para eles unha biblioteca escolar. Analizados todos os presentados e coas valoracións emitidas polos profesores do equipo de biblioteca do instituto sarriano, resultou gañadora Paula Quiñoá Piñeiro (4º ESO B), que acadou un total de 36 puntos. En segundo lugar quedou Ángela Rincón Rodríguez, tamén do mesmo curso e nivel, con 29, obtendo o terceiro premio Miguel Pérez Ferreira, de 4º ESO, con 22. Os tres recibiron un pequeno agasallo por ter sido os mellores entre os alumnos que se presentaron.”

Parabéns aos tres gañadores!!!!