Día Internacional da Violencia de Xénero

 

Hoxe, 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Violencia de Xénero. No “Xograr”, lembráronnolo os fieis amigos da biblioteca Obélix, Milou e Tintín, que luciron lazos de cor violeta mostrando o seu apoio aos dereitos da muller.

Deixámosvos un vídeo que nos explica por que se elixiu ese día:

Xornalismo e literatura na primeira reunión do “Xograr Lector”


DSC_6368Vinte entusiastas da literatura, entre profesores e alumnos, reuníronse hoxe mércores na primeira sesión do club lector “O Xograr Lector”, na biblioteca do instituto sarriano Xograr Afonso Gómez. Desta volta traballábase arredor do texto de Alfredo Gómez Cerdá “Los fantasmas del paraíso”, novela que aborda temas moi presentes na sociedad de hoxe en día.

Tedes toda a información a vosa disposición na páxina do club deste blogue.

Teatro en lingua francesa e actividades complementarias para os alumnos sarrianos

Cincuenta e tres alumnos de Francés segunda lingua estranxeira dos cursos 3º e 4º de ESO do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, acompañados de tres profesores, participaron nunha actividade lingüístico-cultural, proposta polo departamento de Francés. Para iso desplazáronse a Lugo este luns 23 de novembro, onde traballaron e pasaron unha divertida e compreta mañá.

Escomenzaron cunha actividade de simulación, que incluía tres itinerarios diferentes pola vila das murallas. Distribuidos en nove grupos uniformes cun diverso material en lingua francesa preparado polos seus profesores e planos da capital da provincia, os estudiantes xograrinos tiñan que descubrir pistas e poder así responder a unha batería de preguntas sobre temáticas dispares de Lugo.

Posteriormente asistiron a representación teatral de “Doit-on le dire?”, adaptación para escolares do vodevil do autor Eugène Labiche, obra escrita en 1872. Unha comedia divertida e diferente cun ritmo escénico que chega fresco e espontáneo ao espectador e que ten no matrimonio por interese o seu tema central.

Para rematar, e como terceira actividade, tras o comentario en grupo da reopresentación teatral, os estudantes sarrianos abordaron unha sinxela lista de preguntas de temática moi variada sobre a provincia de Lugo en lingua francesa que, unha vez traducidas, debían contestar coa axuda de viandantes, peatóns, comerciantes, etc.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Alumnas solidarias

Grazas a nosa alumna Olalla Rodríguez, coñecimos a iniciativa Mechones Solidarios, que iniciou a “Asociación de peluquería internacional Arte e Imagen”. A iniciativa, sen ánimo de lucro,  céntrase principalmente en axudar a afrontar as consecuencias estéticas do tratamento de quimioterapia e establecer relacións de apoio e axuda aos afectados. Non só proporcionándolles unha perruca de máxima calidade feita a medida, como son as perrucas de pelo natural, senón tamén mellorando a súa autoestima, o que lles axudará para superar a enfermidade. Mirade o que nos conta Olalla:

Coñecín a iniciativa de ser doante de pelo a través dun artigo que unha rapaza publicou nunhafoto olalla revista. En España, existen varias asociacións que se encargan de facer perrucas naturais para enfermas con cancro. Un dos requisitos que se esixe é que o pelo cortado mida máis de 20 cm. De ahí que o día que decidín facer un “cambio de look” sentín moita satisfacción pois podía contribuír a unha boa causa e axudar a rapazas e mulleres que o necesitan.

Animo a todas as persoas a que participen posto que con un pequeno xesto poden facer moi felices a outros.

 

Na web http://www.mechonessolidarios.com/ podedes atopar máis información.

Graciñas Olalla!

E xa temos outra alumna solidaria!IMG-20151111-WA0001

Concurso “Día da Biblioteca”

Co gallo do “Día da Biblioteca”, que tivo lugar o pasado 24 de outubro, a biblioteca do IES Xograr, en colaboración cos departamentos de Lingua Castelá e Galega, organizou o seu habitual concurso entre alumnos de ESO e Bacharelato. Buscábase que os estudiantes presentaran un traballo, en soporte diverso, indicando que é para eles unha biblioteca escolar. Analizados todos os presentados e coas valoracións emitidas polos profesores do equipo de biblioteca do instituto sarriano, resultou gañadora Paula Quiñoá Piñeiro (4º ESO B), que acadou un total de 36 puntos. En segundo lugar quedou Ángela Rincón Rodríguez, tamén do mesmo curso e nivel, con 29, obtendo o terceiro premio Miguel Pérez Ferreira, de 4º ESO, con 22. Os tres recibiron un pequeno agasallo por ter sido os mellores entre os alumnos que se presentaron.”

Parabéns aos tres gañadores!!!!

Xa temos data!

Xa tprimeira sesiónemos data para a primeira reunión do noso clube Lector 2015-2016. Será o vindeiro mércores 25 de novembro, a partires das 15h45. Traballaremos conxuntamente co libro ” Fantasmas del paraíso” e toda a súa interesante e emotiva historia. Desta volta, como xa aconteceu outras veces, contaremos cun invitado para facer máis agradable a sesión. Será o redactor xefe do xornal “El Progreso”, o xornalista sarriano José Manuel Freire.

Anímate e partcipa, pois pode haber algunha sorpresa máis. Lembra que xa podes coller un exemplar na biblioteca, lelo e poder así opinar nesta primeira sesión do ” Xograr Lector”·

Semana da tradición oral…

?????????????

…desta volta coa colaboración do departamento de Clásicas e o alumnado de 2º de Bacharelato. Queres saber máis de lendas de Roma e Grecia? Tan só tes que pararte un momento no taboleiro que hai ó carón de conserxería e poderás descubrir cousas interesantes grazas ao traballo dos teus compañeiros de 2º de Bacharelato.