24 de outubro: Día da Biblioteca

Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraievo, incendiada o 1992 durante o conflito balcánico.

A iniciativa naceu para mostrar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.

Este curso deixámosvos un vídeo con algunhas das bibliotecas máis modernas do mundo. Qué vos parecen?

Pídeas no recreo…..

librosNa zona de lecer situada baixo as escaleiras do edificio principal, ao lado do curruncho de prensa, temos unha pequena exposición de libros que pensamos que poden ser  unha moi boa compañía para estas tardes outonais.

Animádevos a botarlles unha ollada e se son do voso agrado, pasade pola biblioteca para levalas a casa.