A carón do curruncho de prensa hai habilitado un taboleiro de cortiza onde iremos colocando novas diversas de contidos varios. Cousas que vemos nos xornais e poden ser de utilidade para todos. Xa sabes, se ves algo na prensa que consideres útil fala cos profesores da biblio para que o coloquen nese taboleiro….ou se queres colócao ti mesmo. Grazas pola colaboración
Día: 15 Outubro 2015
Concurso da Biblioteca
Co gallo do Día das Bibliotecas – 24 de outubro – xa está en marcha un novo concurso organizado pola nosa “biblio”e dirixido a todos os alumnos e alumnas de ESO. As bases colgan do soporte que ten Tintin, están aquí neste blog e as teñen igualmente os vosos profesores de galego e castelán.
Anímate e participa, haberá recompensa para os mellores traballos!!!.
Clásica….coas clásicas
Unha das actividades que cada ano intentamos facer na biblioteca é a relacionada co día da Tradución, que ten lugar a finais de setembro. Desta volta contamos coa colaboración do departamento de Clásicas, que involucrou aos seus alumnos de 1º de Bacharelato. Traballo de tradución, pasando a latín e grego, vocabulario moi variado e de uso cotidián. Como é habitual os traballos expóñense no centro escolar, polo cal podedes ver o resultado dos mesmos na entrada do edificio 1.