Halloween 2015

Un ano máis chega a terrorífica festa de Halloween  que pouco a pouco vaise convertindo nunha tradición. A súa orixe remóntase a unha festividade que celebraban os pobos celtas e que era coñecida como Samaín, que poñía punto e final á tempada de colleitas e simbolizaba o comezo do inverno. A palabra Halloween provén de All Hallows eve, cuxa tradución sería véspera de todos os Santos e representa a  proximidade do mundo dos vivos e o reino dos mortos.

Deixámosvos unhas fotos do ambiente do noso instituto o xoves:

 

Premio Nacional de Literatura


Gonzalo Hermo
(Taragoña, 1987) foi galardoado co Premio Nacional de Literatura na modalidade de “Poesía Joven Miguel Hernández”  correspondente a 2015 por a súa obra Celebración, escrita en galego e publicada pola editorial Apiario. O premio distingue unha obra de poesía publicada en 2014 por un autor español menor de 31 anos. Está dotado con 20.000 euros. Hermo celebra a mirada cara a outras linguas do Estado con este premio e co recentemente outorgado a Ledicia Costas (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por Escarlatina, a cociñeira defunta) porque “supón un maior enriquecemento xa que ás veces parece que linguas como o galego, eúscaro e catalán non forman parte do mesmo Estado que o castelán nin da mesma cultura”.

(El País 20 de outubro de 2015 )

 

24 de outubro: Día da Biblioteca

Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraievo, incendiada o 1992 durante o conflito balcánico.

A iniciativa naceu para mostrar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.

Este curso deixámosvos un vídeo con algunhas das bibliotecas máis modernas do mundo. Qué vos parecen?

Un mes, un libro, un fragmento

Como noutros cursos, iniciamos a recomendación dunha lectura mensual. Este curso, os/as encargados/as de propor un libro que vos parezca interesante seredes os propios alumnos e alumnas. Aquí vai a primeira recomendación, proposta por Eva Souto:

Bajo la misma estrella

Como xa é costume, atoparedes a suxerencia mensual exposta no taboleiro do corredor da biblioteca.

Anímate e compate con todos nós o teu libro favorito!

Noticias, novas, nouvelles, news

A carón do curruncho de prensa hai habilitado un taboleiro de cortiza onde iremos colocando novas diversas de contidos varios. Cousas que vemos nos xornais e poden ser de utilidade para todos. Xa sabes, se ves algo na prensa que consideres útil fala cos profesores da biblio para que o coloquen nese taboleiro….ou se queres colócao ti mesmo. Grazas pola colaboración

Concurso da Biblioteca

Co gallo do Día das Bibliotecas – 24 de outubro – xa está en marcha un novo concurso organizado pola nosa “biblio”e dirixido a todos os alumnos e alumnas de ESO.  As bases colgan do soporte que ten Tintin, están aquí neste blog e as teñen igualmente os vosos profesores de galego e castelán.

Concurso Biblioteca

Anímate e participa, haberá recompensa para os mellores traballos!!!.

Clásica….coas clásicas

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

Unha das actividades que cada ano intentamos facer na biblioteca é a relacionada co día da Tradución, que ten lugar  a finais de setembro. Desta volta contamos coa colaboración do departamento de Clásicas, que involucrou aos seus alumnos de 1º de Bacharelato. Traballo de tradución, pasando a latín e grego, vocabulario moi variado e de uso cotidián. Como é habitual os traballos expóñense no centro escolar, polo cal podedes ver o resultado dos mesmos na entrada do edificio 1.

PRÉSTAMO DE PELÍCULAS

Entre os servicios que presta a biblioteca está o préstamo de películas para que as poidades disfrutar na casa coas vosas familias e amigos. No seguinte enlace, tedes un listado de todas as “pelis” das que dispoñemos, ordenadas alfabeticamente por títulos e clasificadas por  idades.

Listado películas

PELÍCULAS

 

ANIMÁDESVOS A LEVALAS??

PODE SER UN MOI BO PLAN PARA  A FIN DE SEMANA!

Premios da Cultura Galega 2015

O pasado día 22 de setembro a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia daba a coñecer a resolución dos Premios da Cultura Galega 2015 que, na súa modalidade de lingua, recaeu na Coordinadora Galega de ENDL..  A Directiva da CGENDL amosálle ao xurado a súa inmensa gratitude por valorar o labor que leva feito en defensa da lingua desde 2009. Con todo,  acordou rexeitar este premio polas razóns que se explican no comunicado que anexamos.

Comunicado da CGENDL a respecto da concesión do Premio da Cultura Galega 2015