wordle-J

 

Aínda que estamos nos primeiros días do curso, sen moitas gañas de estudar, e hoxe a choiva nos deu unha tregua, no recreo a biblio estaba xa chea:  a zona de informática repleta, na nova zona de lectura – máis ampla e luminosa- algúns rapaces de 1º de ESO miraban  libros de lectura xuvenil,  na zona de xogos  tiñamos unha interesante partida de xadrez …., viñeron  visitarnos moitos alumnos e alumnas, algúns para devolver os libros que levaran para as vacacións, outros para coller algo  para a fin de semana e incluso…. houbo quen xa pedía os libros de lectura obrigatoria para este trimestre!. En resumo: unha biblioteca chea de vida.

O equipo da biblio quere darvos a todos e todas a benvida. Voltamos cheos de ilusión e de novos proxectos que se irán poñendo en práctica ao longo do curso. En breve iniciaremos as visitas para o novo alumnado do centro, entregaremos os carnés, iniciaremos o club de lectura… Lembrade que tedes á vosa disposición  libros, revistas, xogos didácticos, música, ebook, equipos informáticos e unha chea de actividades.

ESPERÁMOSVOS!

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en ACTIVIDADES 15-16

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s