
Carmela Cela Rodríguez,
PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO 2015
Que Carmela Cela Rodríguez é unha
é de todos coñecido. Tanto os seus compañeiros como os seus profesores tivemos oportunidade de comprobalo ao longo dos anos que compartimos con ela. Foi aquí, no XOGRAR, onde Carmela fixo a ESO e o BACHARELATO. Dela lembramos todos os atributos que fan que admiremos aos nosos semellantes : traballo, constancia, paixón, creatividade… e humildade, moita humildade. Por iso hoxe e sabendo que ela non é das que se vanaglorian das súas fazañas, atrevémonos a publicar esta pequena homenaxe despois de que conseguira a mellor nota na convocatoria dos PREMIOS EXTRAORDINARIOS DO BACHARELATO 2015.
Sabemos que o seu futuro é prometedor e desexamos que a excelencia da nosa alumna sexa un referente para toda a comunidade. Por iso queremos transmitirlle a nosa satisfacción e o noso agradecemento. No Xograr deixou pegada polo seu bo facer non só academicamente senón tamén polo seu protagonismo na vida cultural do centro. O Club Lector e a Revista A&A foron a súa paixón e o seu orgullo.
GRAZAS , Carmela!
Dende a Biblioteca queremos agradecercho aínda máis porque sabemos do entusiasmo e do traballo que aportaches ao longo destes cursos xunto cos teus compañeiros en todas as actividades nas que participastes.

Dende a revista A&A, tamén queremos darche os parabéns porque o teu esforzo, a túa constancia, o teu perfeccionismo en todo o que iniciaches (e seguirás) merecían este recoñecemento. Esforzo no día a día, e sei que tamén en moitas noites, constancia, porque nunca tiraches a toalla nin te durmiches nos laureis, e perfeccionismo porque amas as cousas ben feitas, porque o demostraches aquí no Centro unha e mil veces co teu traballo impagable como co-directora de AeA. Parabéns e grazas por este último agasallo para o Xograr porque todos nos sentimos fachendosos e nos alegramos dese teu éxito, e unir o teu nome a este Centro xa é unha débeda que temos contigo. Disfruta este premio como che guste e che praza e os meus mellores desexos para que as portas do futuro te reciban e se abran cos mesmos honores que ti levas sobre os teus ombreiros! …E , para rematar, como dixemos xa fai uns meses: “Lembra sempre a dirección : AeA”.
Lola Chaos (En nome de todo o equipo de A&A)
PARABÉNS!
CARMELA CELA