FIN DE CURSO

Moitas e variadas cousas no festival fin de curso 2014-2015, que pasamos a contarvos.

Dunha banda a presentación da nosa revista “Aquí e Agora”, que chegaba ao número 15. Pechábase un ciclo coa marcha de noso centro escolar de Carmela Cela, Eva Melle e Beatriz López, que formaron parte durante anos da redacción da mesma. O curso que ven a nosa instaurada publicación seguirá coas súas interesantes entrevistas, reportaxes, críticas, co resto do equipo – moi ben coordinado polas profes Lola Chaos e Esperanza Fernández – e seguro que con novas incorporacións.

Doutra coa entrega do premio ao gañador do Concurso Literario, impulsado polo Departamento de Galego. Recaiu no alumno de 4º de ESO, David Vila Lemos, que recibiu uns detalles como ben merecida recompensa.

Igualmente coa visualización dun completo e curioso video elaborado no discurrir da interesante viaxe de fin de estudos de 4º da ESO, que desta volta tivo como epicentro a vila xermana de Berlín.

Pero sen dúbida algunha o prato forte foi a representación da obra de teatro “El universo perverso del teatro en verso”, adaptación libre do actor e dramaturgo Rubén Calvete Sam. Magnífico o traballo de interpretación dun grupo de alumnos de 2º de Bacharelato, moi ben dirixidos pola profesora Ana Belén Durán Pernas. Personaxes de teatro nun so acto, un autor que debe cumplir o tremendo encargo que estremecería a calqueira. Para conseguilo o autor pide axuda ás MUSAS. O resultado é un “pastiche” divertido no que Julieta e Romeo conversan con Cyrano de Bergerac, Lady Macbeth ou Mona Lisa. Moita risa, en fin.

A matinal de este último día do curso escolar completouse con diversos xogos populares, nos que participaron activamente alumnos e profesores.

Neste texto non hai mil palabras, pero invitámovos a ver as diversas fotos que o acompañan nunha completa galería, pois sempre unha imaxe vale máis…. Aproveitamos dende a Biblioteca do Xograr para desexarvos unhas felices vacacións, lembrando que aproveitedes ben o tempo e adiquedes sempre algo dese lecer para o interesante mundo da lectura.

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en ACTIVIDADES 14-15

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s