COMPRENSIÓN LINGÜÍSTICA E COCIÑA

Recta final do curso con actividades variadas, que buscan máis ben o apartado lúdico. Hoxe mércores 17 de xuño tocou lectura en lingua francesa….na cociña do noso centro escolar. Tratábase de ler e comprender unha sinxela receita da cociña gala e poñerse posteriormente mans…á obra, mellor dito mans…aos fogóns. Deste xeito os alumnos de 1º de Bacharelato que cursan Francés-2 fixeron os coñecidos “Croque-Monsieur”, un emparedado con xamón cocido, xamón serrano, nata, ovo e queixo raiado. E ademáis de degustalos eles mesmos invitaron a persoal docente e non docente do noso instituto a que os probaran. Non quedou ni un, co cal podemos entender que estaban bos…ou que se fixeron poucos. Deixamos unha foto e, por suposto, a receita.
Bon appétit!Croque monsieur 2015

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: