Multidisciplina nas letras galegas

Co gallo do 17 de maio, desta volta adicado ao polifacético intelectual pontevedrés José Filgueira Valverde, cousas diversas no noso centro escolar. Dunha volta a posibilidade de coñecer máis sobre a vida e obra do persoeiro do 2015, a través de diversos paneis institucionais colgados a carón da sala de profesores. 
 
Tamén o noso “Dj ” Xograr, funcionando esta semana nos recreos con ritmos galegos, moi variados, como os interpretados por Quempallou, Fuxan os Ventos, Andres do Barro, Os diplomáticos de Monte Alto, Lamatumbá, etc.
Doutra un sinxelo recital  de música, danza e folclore, no que participaron  activamente profesores e alumnos, coordinado polos departamentos de Educación Física e Ciclo Formativo. Tivemos a ocasión de ver como alumnos e profesores interpretaban pezas como “A saia de Carolina”, “O esparabán do Incio”, ” A muiñeira de Chantada”, “A muiñeira de Alén e, por suposto, o “Himno Galego”. De momento imos subindo ao blog da biblio diversas fotografías do recital. Pero como a música e o baile hai que velos e oílos, en breve teredes vídeos, con imaxe e son. Qué vos guste!!!
Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en ACTIVIDADES 14-15, CONMEMORACIÓNS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s