
“Ler é medrar”
“A RAE recomenda: ler prexudica a iñorancia”
“Entre libros, está ben visto ser gordos”
Como todos os anos, o corredor da Biblio do Xograr énchese de primavera libresca onde os lemas creados para animar a ler e reivindicar a importancia do libro, volven facerse novos pola orixinalidade coa que se plasman en manualidades, carteis , murais e tamén audiovisuais. Os traballos presentados polos alumnos lémbrannos que a capacidade creativa coa que traballamos só precisa ser estimulada un chisco para manifestarse. Cada ano fanse novos vellos lemas que aínda que xa son coñecidos de todos , permiten a reflexión sobre a raigame libresca da nosa cultura. Ademáis , neses traballos pódense apreciar as tendencias e preferencias lectoras do noso alumnado que está moi enganchado coas sagas de ficción máis recentes pero que segue mostrando unha gran admiración por aqueles libros que os conectaron co universo da ficción. O material audiovisual elaborado para a ocasión será feito público o vindeiro 30 de abril, data elexida para conmemorar o “Día do Libro”. Nesa celebración a proxección dos traballos elaborados polos alumnos irá seguida do II Recital Poético-Visual que agardamos teña tanto éxito como o do ano pasado.
Rematamos o traballo de correcta catalogación e emprazamento da literatura xuvenil en lingua galega.
Xa está á vosa enteira disposición en catro baldas dunha das estanterías que está no corredor central da biblioteca.
Agardamos que agora sexa máis doado para todos a súa localización.
O día 13 deste mes de abril deixábanos o escritor uruguaio Eduardo Galeano, autor de “Las venas abiertas de Ámerica Latina”. Nos lectores electrónicos da nosa biblioteca, temos á vosa disposición estas 9 obras do autor.:
LAS VENAS ABIERTAS DE AMÉRICA LATINA.
DÍAS Y NOCHES DE AMOR Y GUERRA.
EL LIBRO DE LOS ABRAZOS.
LAS PALABRAS ANDANTES.
MEMORIA DEL FUEGO I – LOS NACIMIENTOS.
MEMORIA DEL FUEGO II- LAS CARAS Y LAS MÁSCARAS.
PATAS ARRIBA, LA ESCUELA DEL MUNDO AL REVÉS.
BOCAS DEL TIEMPO.
ESPEJOS, UNA HISTORIA CASI UNIVERSAL.
Estas obras foron publicadas orixinalmente por teleSUR baixo a seguinte dirección:
http://www.telesurtv.net/news/10-Libros-para-descargar-de-Eduardo-Galeano-20150413-0018.html
Deixamos, como breve mostra a Carta de Eduardo Galeano ao Señor Futuro, que nos fai reflexionar no Día da Terra:
Podedes descargar o novo tríptico da biblioteca. Atoparedes toda a información sobre o que a nosa biblioteca vos ofrece.
AGARDÁMOSTE!!!
En formato de banda deseñada , propoñemos unha emocionante historia de aventuras artellada por diversas tribos , na que o seu autor, con certo rigor científico, fantasea sobre como debeu ser a existencia na Europa da Era Glacial.
O libro de física recomendado o mes pasado, como seguro que xa moitos e moitas sabedes, é xa un clásico da divulgación científica:
No IES Xograr Afonso Gómez, para conmemorar o Día Mundial da Poesía realizamos unha exposición con diferentes carteis. Tratamos de facer unha pequeña homenaxe ós poetas de diferentes épocas e nacionacionalidades. Ademáis a través do DJ Xograr, rapaces e profesores “pincharon” música, as pezas seleccionadas foron poemas feitos cancións en diferentes línguas. Velaí algún exemplo.