DÍA MUNDIAL FORESTAL

Dende o IES Xograr Afonso Gómez de Sarria queremos apoiar a celebración desta conmemoración coa presentación a toda a comunidade escolar de dous traballos realizados por alumnos de Bioloxía-Xeoloxía de 4º da ESO sobre os nosos bosques.

A educación en valores ambientais promovida neste instituto baséase en dous principios:

* “Coñecer para valorar, valorar para conservar”

Só a través do coñecemento seremos capaces de apreciar a nosa dependencia dos recursos naturais do planeta e adquirir unha conciencia ecolóxica que modifique o noso modo de vida e nos permita facer un uso sostible dos mesmos, preservándoos para os nosos fillos.

* “Pensa globalmente, actúa localmente”

Se dende o noso nivel individual actuamos respectando o medio ambiente próximo contribuímos á mellora do medio ambiente global.

Os  nosos alumnos son o futuro. Desexamos que esta actividade contribúa a que se dean conta de que é a eles a quen lles corresponde manter e protexer os nosos bosques.ÁRBOLES

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en ACTIVIDADES 14-15, CONMEMORACIÓNS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s