Como ven sabedes dispoñemos dunha variante do Club Lector, pensado para adultos e en versión non presencial, é dicir “On-Line”. Estamos traballando para que participen canto máis membros da comunidade escolar que reunan ditos requisitos, é dicir profesores e profesoras, persoal non docente, pais e nais.
Para iso elaboramos unha completa lista de títulos, en galego e castelán, que xa están á disposición dos interesados, tanto na zona adicada aos libros do Club Lector na biblioteca, como nun segundo espazo adaptado “ad hoc” na propia sala de profesores.
Cómo participar? Sinxelamente escollendo un título da citada lista e disfrutando coa súa lectura. Unha vez rematada a mesma, estaría ben animarse a escribir un pequeno comentario sobre dito libro no blog da biblioteca (https://biblioxograr.wordpress.com/). É moi sinxelo, como ben se mostra na imaxe que xuntamos. Anímate!!! Grazas por participar!!!
Podedes ver as suxerencias do club de lectura o -line na nova pestana.