MIL GRÚAS POLA PAZ

Como xa vos contamos, o vindeiro venres 30 de xaneiro é o día da Paz e na biblioteca do IES Xograr estamos a organizar diversas actividades, que vos iremos contando ao longo da semana
 
Este venres 23 tivemos un interesante obradoiro de papiroflexia, baseado na lenda “Mil grúas pola Paz”. Estivo animado pola profesora Lucía Somoza Sampaio, docente do noso ciclo de atención socio-sanitaria, contando igualmente coa colaboración dunha alumna do devandito nivel. Tamén tivemos a axuda do departamento de tecnoloxía, que nous facilitou unha morea de papel reutilizable para realizar as correspondentes figuriñas. Entre docentes e alumnos xuntámonos no tempo do recreo casi unha treintena de interesados nesta actividade. Podedes ver unha serie de fotos na que se mostra o traballo desenvolto.