PARABÉNS AOS ALUMNOS DO CENTRO

MARÍA GARCÍA PARADA (4º DE ESO),  ANLOIRY PÉREZ BRITO  (4º DE ESO)  e  IVÁN LÓPEZ BARRIO (1º DE BAC)  que foron premiados no I Certame de Lemas Ilustrados convocado polo Concello de Sarria con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

“Cando o sangue é dunha muller maltratada, a ferida é de todos”. Iván López Barrio.
 “Os monstruos da violencia viven no teu silencio, NON CALES”. Anloiry Pérez Brito e María García Parada.premios-exteriorOs gañadores o día da entrega de premios

(Imaxe da web  do Concello de Sarria)

MÁIS COUSAS PARA CELEBRAR A PAZ NO XOGRAR

O pasado venres falabamos dun orixinal obradoiro de papiroflexia, que congregou a un interesante número de alumnos e docentes. Pero no noso centro escolar organizamos máis cousas enmarcadas nesta semana que remata o vindeiro día 30, día da Paz.

Así, os titores da ESO dispuxeron dun dossier con recursos para traballar valores tan necesarios nos tempos que corren como a solidariedade, a tolerancia, a paz. Entre os materiais se incluía a posibilidade de realizar acrósticos tomando como referencia o nome do noso IES, participar en “O reto solidario”, elaborar bandas deseñadas, etc.

Non se esqueceron outros apartados como o musical ou o lúdico. O primeiro a través do “DJXograr” pola paz e pola escoita do “Rap pola Paz”. O segundo a través dun Flash Movie que reflicte diversos xogos cooperativos e da exposición de fotografías relativas.

Aqui tedes un resume fotográfico:

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

MIL GRÚAS POLA PAZ

Como xa vos contamos, o vindeiro venres 30 de xaneiro é o día da Paz e na biblioteca do IES Xograr estamos a organizar diversas actividades, que vos iremos contando ao longo da semana
 
Este venres 23 tivemos un interesante obradoiro de papiroflexia, baseado na lenda “Mil grúas pola Paz”. Estivo animado pola profesora Lucía Somoza Sampaio, docente do noso ciclo de atención socio-sanitaria, contando igualmente coa colaboración dunha alumna do devandito nivel. Tamén tivemos a axuda do departamento de tecnoloxía, que nous facilitou unha morea de papel reutilizable para realizar as correspondentes figuriñas. Entre docentes e alumnos xuntámonos no tempo do recreo casi unha treintena de interesados nesta actividade. Podedes ver unha serie de fotos na que se mostra o traballo desenvolto.

3L 4S3S1NAT0 D3L PR0F3S0R D3 M4T3M4T1C4S

Queremos propor ao alumnado de 3º de ESO unha lectura relacionada coas mates: EL ASESINATO DEL PROFESOR DE MATEMÁTICAS. Esta é a carta de presentación do seu autor Jordi Sierra i Fabra:

Suspendes as mates? Atravésanseche os problemas? Máis aínda (aínda que soe forte), ODIAS as mates?
Vale, non contestes, non é necesario. Eu, á túa idade, tamén o pasaba francamente mal con iso do 2 e 2. Porque, a ver, son 4 ou 22, eh?
O que pasa é que agora entendo que todo, todo, até os mates, pode ser un xogo se cho tomas como tal, sen o abafo dos aprobados e a necesidade de pasar curso e ter contentos aos teus pais. Mágoa que non o descubrise antes, á túa idade! Asasinar ao profe de mates non serve de nada. Poñen a outro no seu lugar e xa está.
Pero este libro é un xogo, un divertimento, está feito para que te rías (e sufras un pouquiño co misterio) e de paso poida que fágache mirar con mellores ollos as mates. Se aceptas un consello, trata de resolver os problemas a medida que os vaias lendo, non pases as páxinas sen máis. Encantarache ser o cuarto elemento xunto ao tres protagonistas da historia.
E cando acabes, dállo ao teu profesor de matemáticas. Se ten sentido do humor, tanto dará que sexa «un duro» ou «un brando», seguro que rirá e, se cadra, adopta os métodos do insólito profe desta novela.
Saúde, camarada.

 

firma.jpg

www.sierraifabra.com

asesinato

Un profesor propón aos seus alumnos un xogo como exame para aprobar as matemáticas. O venres pola tarde, o profesor morre, pero, antes de falecer, comenta aos seus alumnos que o sobre que hai no seu peto indicaralles como buscar ao seu asasino. Non deben fallarlle…
 Xa está dispoñible na biblioteca, tanto en formato tradicional (papel) como en lectores electrónicos.