UN NADAL PARA LER

estrella-arbol-navidad-287060_1440x900Por fin chegou o último día de clase do ano!! Temos por diante un montón de días para recuperarnos do esforzo realizado durante este trimestre. É o momento de festas e celebracións familiares. Pero sempre quedará un rato para adicarlle á lectura. Por se non sabedes que ler, os  Departamentos de Francés, Lingua Galega e Lingua Castelá fanvos as seguintes recomendacións:

 Lecturas Nadal 2014-Francés

Lecturas Nadal Castelá – Galego

 

Cultura e alimentos no IES Xograr de Sarria

Alimentos y cultura-1 Por terceiro curso consecutivo o IES Xograr de Sarria levou  a cabo unha actividade pensada nas persoas necesitadas.  Para iso, e contando coa participación de todos os membros  da comunidade educativa (alumnos, profesores, persoal non  docente, etc) , o departamento de Relixión, en colaboración  coa biblioteca, puxo en marcha a campaña “No Xograr  compartimos cultura e alimentos”. Cada participante  aportaba un comentario dun libro, tebeo, película, álbum  musical, etc. xunto con alimentos non perecedeiros.  Posteriormente membros de Cáritas Sarria pasaron polo centro escolar para facerse cargo da recollida nesta actividade de corte solidario-cultural.

UN NADAL MOZO E EN GALEGO

Velaquí unha selección de produtos feitos en galego (libros, discos, filmes…) ou ben que utilizan este idioma para a difusión e venda etiquetaxe, web…). Por suposto, existen moitos máis, pero nestas páxinas atoparedes unha pequena mostra da variedade da oferta que tedes ao voso alcance: en galego hai para todos os petos, para todos os gustos, para todas as idades, para todas as necesidades.

Esta guía de agasallos forma parte do programa «Nadal en Rede 2014», impulsado pola Rede de Dinamización Lungüística da Xunta de Galicia, e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

 Clica sobre a imaxe!

UN NADAL...

 

Tamén podedes enviar por correo electrónico fermosas postais en galego para felicitar o Nadal e o aninovo. Clica sobre a imaxe!
postaisgalego

ACHÉGASE O NADAL…

concurso nadal

 

BASES DO CONCURSO:

  1. Poderán participar 6 alumnos matriculados en relixión, por curso e  grupo.
  2. Non se poderán empregar área, terra.  herba, pedras…
  3. Valorarase o uso de materiais reciclados, o sentido crítico, a imaxinación e a orixinalidade.
  4. Os beléns faranse no comedor a partir do martes, día 16, sempre e cando os profesores den permiso para baixar.
  5. PREMIOS. Haberá dúas categorías:
    1. PRIMEIRA CATEGORÍA: 1º, 2 e 3º da ESO (2 PREMIOS)
    2. SEGUNDA CATEGORÍA: 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato (2 PREMIOS)
  6. O resultado do concurso farase público o día 19 de decenbro ás 14 horas.

¡GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

OS PAIS QUE O DESEXEN PODEN ACHEGARSE  O VENRES AO CENTRO,  PARA VISITAR OS BELÉNS.

Un mes…. e un libro de Xeografía

No corredor da biblioteca xa está exposta a suxerencia de lectura para este mes de decembro. Para darvos unha pista entresacamos un parágrafo do comentario de profesor Ramón Noche:

“Antonio Tabucchi di no seu libro Viajes y otros viajes que garda o primeiro atlas que tivo coma un tesouro,  para que os seus netos vexan que o mundo non será sempre o mundo que eles coñecen. Quizais iso sexa o máis fascinante dos mapas, que en certo modo conxelan o tempo a base de nomear lugares que en calquera momento poden cambiar de nome, de país, ou mesmo de lugar polo movemento das placas tectónicas do planeta.”

 E descubrimos o libro suxerido no mes de novembro:foto

Cun áxil ritmo narrativo, Juan Carlos Arce describe as intrigas políticas, a corrupción económica do poder e o importante papel da diplomacia vaticana nunha época marcada polo renacer científico.

Multimedia-2Xa tedes a vosa disposición o material multimedia existente na biblioteca recolocado doutro xeito. A carón do andel das revistas habilitamos un moble que ten todo aquilo existente na biblioteca en soporte CD e DVD. Neste espazo iremos poñendo novas adquisicións para sumar ás existentes.

Hai que lembrar que neste andel tedes identificados estes fondos por materias. Deste xeito tedes máis doado escoller unha enciclopedia, un Cd de ciencias, unha peli en francés ou inglés, música de diversos estilos, coleccións vencelladas a feitos históricos, …

É importante suliñar que as películas comerciais da nosa colección seguen estando nos andeis do corredor. Neste novo emprazamento no interior da biblioteca gardamos outro tipo de material multimedia. Non esquezas que podes pedir prestado calquera destes fondos achegándote á biblioteca nos recreos (11h15-11h45)