El umbral de la eternidad

PRESENTACIÓN

 O autor británico Kent Follett presentou o día tres de outubro o seu libro “EL  UMBRAL DE LA ETERNIDAD”  que pecha a triloxía sobre o século xx. A canción The  Wall de Pink Floyd acompañou a entrada ao escenario do autor británico no teatro A  Latina para a presentación do seu libro. Cun martelo xigante Follett achegouse ao  decorado sobre a escena: unha representación do muro visto desde o lado occidental,  cheo de grafitis nos que se lían frases e palabras en inglés e alemán como Whole World   (mundo enteiro), Freiheit (liberdade), ou Für dich überwinde ich jede Mauer (Por ti  salto calquera muro). Dun só golpe de martelo, Follett derribou o decorado e un actor louro e alto vestido de militar entrou cunha carretilla chea de exemplares do volume que sela a triloxía do escritor sobre o século XX.

Os últimos cen anos significaron para o autor “unha loita pola liberdade” e menciona exemplos concretos: a liberdade dos pobos de Europa do leste, a liberdade pola igualdade de dereitos das mulleres, dos cidadáns afroamericanos en Estados Unidos, ou tamén aquí en España onde “moita xente tamén tivo que batallar polas súas liberdades”.
Esta loita polas liberdades individuais e colectivas é unha “historia triunfante” di Follett. O escritor considera que os cambios que se rexistraron no pasado século foron positivos.”A humanidade está mellor agora que fai 100 anos”, apunta e recoñece que el mesmo séntese triunfador por completar un proxecto tan ambicioso como é o retratar o drama e as transformacións trascendentais do último tempo través da historia de cinco familias de diferentes lugares do mundo (Alemaña, Francia, Estados Unidos, Gales e Reino Unido).

Para saber máis:

http://www.rtve.es/noticias/20140930/ken-follet-cierra-trilogia-sobre-siglo-xx-umbral-eternidad/1019989.shtml