MOITO MEDO NA BIBLIO…

…Ou mellor dito nos corredores do Xograr. Tempo de Samaín, Santos y Difuntos, Halloween, Toussaint, como lle queramos chamar en linguas varias. Traballo multidisciplinar o que fixemos, boa coordinación dos departamentos de Lingua Castelá e Galega, Plástica e Ciclos de Atención a Persoas con Dependencia. ¿ O froito? Un magnífico mural da Santa Compaña, una exposición ( para préstamo de quen queira lelos) de libros relacionados coa temática, moi enraizada na nosa terra. E non podían faltar as cabazas, que decoraron pasillos, aulas e incluso o xardín de entrada do noso centro.
 
Todo isto é un pequeno botón de mostra, moito máis poidemos ver estes días no Xograr, tanto no traballo  como no resultado final destes didácticos traballos. Podedes ver agora unha serie de fotografías ilustrativas e un texto explicativo de “Novembro, tebro, novembro”.  Non teñades medo, eh!!

 

 

NOVEMBRO..

 

Novembro, tebro...O  mes  de novembro  foi  de  sempre  un mes  teñido de tristura: mal tempo, días curtos, pouca luz, día de  defuntos…Para paliar tanto gris, o Samaín lembra que é  momento de  recollerse e dar conta da xenerosa  colleita   que o outono nos deixa: veña lume e ardan castañas  e que non falte o  viño! A  este mes só lle faltaban decorados e como xa todos somos uns; o Halloween veu introducir algo de cor ,  e sobre todo , máis  festa .De todas partes xurdiràn bruxas,  pantasmas, vampiros  e  vampiresas ; cabazas de deseño ,castelos  góticos e brular de cadeas; ataúdes sofisticados  e fermosos   chuchasangues  de nova xeración.
Que  podemos contar que non saibamos!
Pero en toda esa panorámica da actualidade hai  un elemento que  dende a Biblioteca queremos  retomar:  o culto ao medo  que  parece ser o elemento principal de todas estas celebracións. Un sentimento que  nos   identifica como humanos , que  serve para protexernos e co que nos familiarizamos a través  dos relatos de terror/horror. Estas historias lévannos a descubrir  o lado escuro que nos habita, a entrever os  perigos que poden  agocharse trala apariencia  finxida, convértenos  en  presas fáciles que  só pensan en escapar e  fuxir…Nesta viaxe   emocionante, como nas montañas rusas , o noso corpo non deixa de  segregar   adrenalina  e , posto que  todo é unha ficción, experimentamos a gozosa catarse  final…Uff!
O ano pasado  adicamos  o  mes  a airear  os  títulos clásicos  que  na  nosa Biblioteca podedes atopar  sobre o relato de terror. Este ano queremos facer  unha  mostra de  obras que  recollan  o medo nos  relatos tradicionais  de Galicia,  os contos de aparecidos, de  demos  e  trasnos, de mortos e  vivos, de cemiterios, de bechos, de males de ollo, de meigallos, de fachas, de serpes,  de meigas e pócemas,  de curuxas, de corvos, de lobos e de lobishomes…
A Estadea, a Santacompaña, a Morte, o Sacauntos, o Lobo,as Meigas, o Chupasangues o Home do saco , o Urco, as Fadas e as Sereas…son protagonistas de historias de medo  arrepiantes  que  nada teñen que envidiar ás  que  de seguro nos  entreterán  estes días.

 

OUTONO HÚMIDO E QUENTE

Fixástesvos nunha pequena selección de libros expostos na entrada do edificio principal?  Trátase dunha proposta de lecturas para todos os membros da comunidade que desexamos sexan de voso agrado.
Os alumnos Saray, Iván e Joel, quixeron colaborar connosco e aqui tedes o resultado:

24 Outubro de 2014 Dia da Biblioteca

A data do 24 de Outubro foi escollida como día para sinalar a importancia das bibliotecas na sociedade. Esta data foi creada en 1997 pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil co apoio do Ministerio de Cultura. Para o 2014 o cartaz foi deseñado por Carmen Solé Vendrell e rende homenaxa á escritora xa falecida Ana Mª Matute.

Día de la Biblioteca 2014

Aproveitamos esta data para  compartir con todos e todas estas imaxes das magníficas bibliotecas do mundo.

Ademais, agardamos a túa participación no concurso, organizado para conmemorar o Día das Bibliotecas. Anímate a crear un lema  ou ben a contarnos que é para tí a biblioteca.

Dia da biblioteca

 

CONCURSO DÍA DAS BIBLIOTECAS 24 OUTUBRO

Co gallo do Día das Bibliotecas (o vindeiro 24 de outubro, aínda que o prolonguemos toda a semana) continuamos  unha pequena actividade concurso, xa feita en cursos precedentes.

 concurso

 

  • ¿Que é para ti a biblioteca? (dar unha definición da mesma a través dun texto en galego ou castelán)
  • Crear un lema para a biblioteca ( en galego ou castelán, com imaxe ou soamente texto)

 

          Os traballos pódense presentar a man, ordenador, cor, blanco e negro, en soportes variados, etc. Damos unha certa flexibilidade, pero o ideal sería que fosen entregados entre o 21 e o 28 de outubro, aos profesores de garda de biblioteca nos recreos.

 Os mellores traballos terán recompensa en forma de premios.

Cartel “DÍA DAS BIBLIOTECAS”

MÁIS COUSAS NESTE MES DE OUTUBRO

Dunha banda unha mini exposición para lembrar a Patrick Modiano, o novelista francés, que ven ser galardoado co Nobel de Literatura 2014. E tamén a Antonio Hernández, outro escritor laureado, desta volta a nivel estatal, co premio Nacional de Poesía 2014.

Proseguimos coa actividade iniciada o curso pasado en torno a un libro cada mes. Neste curso 2014-2015 imos centrala en disciplinas que non sexan lingüísticas e imos implicar nelas a diversos profes (lembramos que ano pasado foi persoal docente e non docente quen aportou a valoración mensual dun libro que lle gustou en concreto). A carón de portería xa hai un taboleiro de cortiza onde está exposto o comentario sobre un particular libro de filosofía. Desta volta ” 1 mes, outubro, ….1 libro de….filosofía”. ¿Será algo de Platón, de Sócrates, de Nietzsche, de Sartre?

DÍA MUNDIAL DOS PROFESORES

Día dos profesores Nese singular abano de celebracións que se traballan dende a biblioteca en colaboración cos diversos departamentos do noso instituto, este ano quixemos adicarlle algo de tempo e espazo a un  día singular. O 5 de outubro é o Día Mundial dos Profesores. Pretendimos, por suposto, lembralos a través dunhos poemas moi especiales, seleccionando igualmente libros e vídeos con  temáticas relacionadas con eles.

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

NUBES    O vindeiro mércores 12 de novembro, ás 15.30 h, na biblioteca do Xograr, faremos a primeira reunión do club de lectura.

    O libro escollido  nesta ocasión é Nubes de evolución da escritora coruñesa  Andrea Maceiras.

    PARA SABER MÁIS SOBRE O LIBRO, PODES CONSULTAR A PÁXINA DO CLUB DE LECTURA NESTE BLOG

 

El umbral de la eternidad

PRESENTACIÓN

 O autor británico Kent Follett presentou o día tres de outubro o seu libro “EL  UMBRAL DE LA ETERNIDAD”  que pecha a triloxía sobre o século xx. A canción The  Wall de Pink Floyd acompañou a entrada ao escenario do autor británico no teatro A  Latina para a presentación do seu libro. Cun martelo xigante Follett achegouse ao  decorado sobre a escena: unha representación do muro visto desde o lado occidental,  cheo de grafitis nos que se lían frases e palabras en inglés e alemán como Whole World   (mundo enteiro), Freiheit (liberdade), ou Für dich überwinde ich jede Mauer (Por ti  salto calquera muro). Dun só golpe de martelo, Follett derribou o decorado e un actor louro e alto vestido de militar entrou cunha carretilla chea de exemplares do volume que sela a triloxía do escritor sobre o século XX.

Os últimos cen anos significaron para o autor “unha loita pola liberdade” e menciona exemplos concretos: a liberdade dos pobos de Europa do leste, a liberdade pola igualdade de dereitos das mulleres, dos cidadáns afroamericanos en Estados Unidos, ou tamén aquí en España onde “moita xente tamén tivo que batallar polas súas liberdades”.
Esta loita polas liberdades individuais e colectivas é unha “historia triunfante” di Follett. O escritor considera que os cambios que se rexistraron no pasado século foron positivos.”A humanidade está mellor agora que fai 100 anos”, apunta e recoñece que el mesmo séntese triunfador por completar un proxecto tan ambicioso como é o retratar o drama e as transformacións trascendentais do último tempo través da historia de cinco familias de diferentes lugares do mundo (Alemaña, Francia, Estados Unidos, Gales e Reino Unido).

Para saber máis:

http://www.rtve.es/noticias/20140930/ken-follet-cierra-trilogia-sobre-siglo-xx-umbral-eternidad/1019989.shtml